Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O quinto día / Mellor dar que pedir

viernes, 07 de mayo de 2021
O quinto día
Despois de catro días de silencio, falei. Ó quinto día falei. E non dixen nada, non digo nada. Que vou dicir. Se falo, todo se sabe. E algúns, cando saben, queren saber máis e máis. Non estou para perderme en explicacións. Facer como fago cando me preguntan un que tal? Sempre digo ben aínda que estea mal. Se digo mal, todos queren saber; Pingas de Orballo: O quinto día / Mellor dar que pedirquizais de boa fe, pero... para que matarlles as cabezas cos meus males?, para que matarme eu soltando xustificacións? Estou ben, e punto.
Ó quinto día non dixen nada para non alarmar a ninguén. A ver, se despois de catro días completamente mudo, se digo algo no quinto, sería para aclarar esa mudez, ese silencio, esa pausa no tempo. Ás veces é un calvario dar explicacións, cando quizais non as entenda ninguén. Como o de peor o remedio que a enfermidade. Así é que... en boca cerrada non entran moscas. Nin abellóns.
Tamén é triste non saber dicir nada ó quinto día. Pero, de que vou falar? Do ruxerruxe que hai por entre as carballeiras da conciencia? Os ruxerruxes só son ruído. Da nube branca que pasa e que axiña se volve negra? Normal, estamos no tempo no que as treboadas van e veñen, aparecen e desaparecen. Dun sorriso branco, inmaculado e grande que asoma por un balcón? Para que? Para que se desboquen os latexos dun soño, ou de varios soños?
Ó quinto día falei, pero non dixen nada. Que é o mesmo como non falar. Non me importa seguir en silencio. En silencio é como mellor penso.


Mellor dar que pedir
Deixei de pedirlle peras ó carballo porque nunca me deu ningunha. Xa mo dicía sempre a miña nai: é mellor dar que pedir. A verdade é que miña nai sempre me soltou observacións con sentido, con moito sentidiño. O outro día xa contei que me dicía que eu non sabía cantar. E tiña razón; non sei cantar. Tamén me dicía de cativo: bícame no Pingas de Orballo: O quinto día / Mellor dar que pedircu, que teño paxariños. Isto debíase a que eu a desafiaba moitas veces a botar unha carreira. Ela deixábame ir uns metros por diante, pero cando lle apetecía iniciaba un esprinte, pasábame a dianteira e, ale, "bícame no cu, que teño paxariños".
Mellor dar que pedir. Case me dan ganas de darlle uns bos golpes de machada (ó carballo) antes de pedirlle nada. Máis seguro que sexa fallo meu, o de pedirlle peras. Claro que tamén se dixo que por pedir que non quede ou o que non chora non mama. O malo do asunto é que, tamén, a maioría das veces, pido cousas imposibles. Quizais por aquilo de que penso que os soños son tan bonitos que soño, soño e soño e, claro, despois levo a labazada.
Si, definitivamente, é moito mellor dar que pedir. Eu regalo palabras de orballo a esgalla e versos soltos que axiña forman un poema. Tamén sei espallar asubíos por entre a néboa das carballeiras e luces ou estrelas nas noites máis pechas. Dou todo aquilo que queirades que dea, e sen recibir nada a cambio. Pois tampouco quero que, despois, alguén mo bote en cara. E, ademais, por nada do mundo quero decepcionar a miña nai.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES