Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Como galo sen cabeza

jueves, 06 de mayo de 2021
Hai sol. Hai nubes brancas e negras. Vai aire. O tempo está algo revolto, como turbio ou chafalleiro. A música de Mike Oldfield soségame. Pasan os coches e as motos. Pasan incluso monopatíns. Eu, sentado nunha terraza. Saco o bozo ou mascariña para tomar o café. Sobre a mesa: un móbil, un caderno, uns anteollos e os utensilios propios do café, Pingas de Orballo: Como galo sen cabezaou sexa, platiño, cunca e papel de azucre. Xente que pasa. Xente que está sentada. Xente que mira. Xente que fala. Xente viva. Poño de novo o bozo; para non contaminar, para que non me transmitan o bicho.
Que fai o silencio cando hai ruído? Queda en silencio! Que fai a noite cando asoma o día? Aparece a aurora! Que fan mil indios debaixo dunha verza? Esperan ó cabalo de ferro para asaltalo! Ou ó mellor escóndense do Rostro Pálido. Que fai aquel que corre sen saber para onde ou que escribe sen saber que? Que é como galo sen cabeza! Que fai a soidade cando rabuña na alma? Pois rabuña e rabuña e rabuña! Quen canta o tema musical que só é instrumental? Aquel que o asubía!
Quen vai? Quen vén? Se todo é soidade e silencio. Nin tan sequera as nubes se moven. Nin as brancas nin as negras. Só os temas musicais se desprazan por entre os regos do silencio para, así, sementar algo de ruído. Agora que cada quen remexe ou espalle a súa conciencia. Se é que a teñen. Se é que a senten. E xa vai a tarde do domingo camiño da noite pecha, na que, seguro!, se atopará co silencio. E tamén coa soidade bailando un valse baixo as estrelas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES