Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir entre abril e maio

miércoles, 05 de mayo de 2021
Coa que está caendo se cadra non está de máis atrincheirarse nas propias ideas para resistir a entrada do cabalo de Troia que leva a Atila no seu ventre.

Os que sempre celebramos abril, desembocando no Primeiro de Maio, temos máis motivos que nunca para seguilo facendo e para ocupar rúas (na medida que a pandemia o permita) fronte a aqueles que queren facelo todo de arriba a abaixo e manternos caladiños e escravizados na compracencia de quen ten que agradecer e acatar. Estes castradores están máis de actualidade que nunca porque, como sempre, seguen utilizando técnicas antidemocráticas e inmorais para promover mesianismo.

Fronte a eles, temos a palabra, abril e maio e todo un repertorio de música e verbas que nos amosan que podemos e sabemos ser libres e non necesitamos titores que se erixan en bardos cos pes de barro. Sabemos e queremos ser libres, repito. Somos autosuficientes para facelo e non necesitamos verbas grosas, ameazas ou navallas sucias. Simplemente, necesitamos o que temos, forza, valores, coherencia, música, poesía, loita e un caravel que levamos prendido sempre do latexo do corazón.

Quen vive en abril e maio está na súa lexítima posición e algún día háselle agradecer a semente botada.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania