Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas agradecidas

jueves, 06 de mayo de 2021
Fai poucos día celebramos o "DÍA DA NAI" que en certa medida é un día "comercial"; pero taménde moito agradecemento á muller que nos deu o ser.
Ser agradecidos coas persoas que nos unen vínculos de sangue, é un deber; pero o agradecemento vai moito máis alá.

TEMOS MOITO QUE AGRADECER:
-Ás persoas que nos deron a vida.
-Ás persoas que nos criaron.
-As persoas que nos acompañaron ó longo de toda vida.
-As persoas que nos axudaron a medrar cultural e espiritualmente.
-Ás persoas que nos correxiron cando a nosa conducta tentaba desviarse.
-Ás persoas que nos axudaron a abrirnos camiño na vida.
-Ás persoas que nos puxeron obstáculos, tamén.

-Ó AMO, CREADOR E DADOR DE VIDA; sobre todo e ante todo.

-HAI PAIS E NAIS DE DEZ:
Son todas aquelas persoas de ben que crearon unha familia como Deus manda, baseada nos principios básicos que non debían faltar en ningún fogar: amor a Deus e amor ó próximo.

-HAI PERSOAS DE MOITO PESO NA NOSA VIDA.
Principalmente: familia e profesorado e, a veces, os sacerdotes no caso das familias católicas.

Son as persoas que marcan a nosa personalidade desde o momento mesmo de nacer:
Alimentándonos, vestíndonos, calzándonos, dándonos calidez humana e as pautas básicas de educación que serán as que nos abrirán moitas portas ó longo da vida.

ELAS SON A BASE DA NOSA EXISTENCIA.

Sen a súa valiosa axuda a nosa vida sería completamente diferente.
Por eso debemos moito agradecemeto ás persoas que nos apoiaron na nosa crianza dentro dun fogar con valores.

Pensemos en moitas familias de hoxe en día que están desestructuradas, que cada un vai polo seu lado, que as criaturas non saben cara a onde ir…

-HAI PERSOAS DE TODA A VIDA:
Familiares, veciños e amigos que sempre estiveron ó noso carón.
¡Qué maravilla!¡Que riqueza!¡Unha bendición!
¡Son auténticas!
Moito que agradecerlles.

-HAI PERSOAS QUE NOS AXUDAN NUN MOMENTO PUNTUAL:
-Aquel mestre, aquela mestra que marcou a nosa vida.
-Aquel sacerdote que nos deu apoio espiritual nun momento crucial.
-Aquela persoa que nosa xudou a "saír do bache".
Moito que agradecerlles.

-HAI PERSOAS QUE NOS CORRIXEN A TEMPO.
-Na infancia, na adolescencia, nos estudios, naquel momento tan crucial da nosa existencia e ó longo de toda a vida…
Moito agradecemento lles debemos.

-HAI PERSOAS QUE NOS AXUDARON A ABRIRNOS CAMIÑO NA VIDA:
-Solicitándonos unha beca de estudios, informándonos de oportunidades, aconsellándonos, orientándonos, acompañándonos, dándonos palabras de alento...
¡Canto agradecemento lles debemos!

-HAI PERSOAS QUE POÑEN ATRANCOS.
Esas persoas están na nosa vida para poñer a proba os nosos valores.
Están aí para ensinarnos o que nunca debemos facer.
Tamén lles debemos agradecemento porque nos ensinan a ser mellores.
Porque a vida é eso: algo de todo.

"ALGO DE TODO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas, moito agradecemento por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES