Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para a nai que temos coñecido (ou non)

domingo, 02 de mayo de 2021
MAMÁ,
Ti,
aínda non sabes canto che quero.
E quero quererte sempre..

Xa sei!
Debes poder imaxinalo moi ben porque non hai persoa neste mundo que sexa capaz de amar
dunha forma tan inmensa coma ti.

Estou tentando expresarcho.
Asegúrocho!
Pero non son capaz de dicirche
Canto rebule no meu corazón
cando penso en ti.

Es unha gran muller!
Tan inmensamente grande!
(Non sei doutra coma ti!)
Estás chea de títulos!
Deses que non se dan nas aulas
nin nas universidades.
Nin falta que fai!
Non son capaces de tal.

Estás moi leda de min.
Hai algo en ti,
cando me miras,
que non sei como dicircho:
Estás chea de fachenda por min!
Pero non son fumes,
nin orgullos,
nin xactancias ocas.
Sabes que os teus fillos
Son coma os dos demais.
Coma todos os nenos/as.
Pero a ti tócache ser nai destes
E son estes os teus fillos
A quen ti has adestrar.

Que tempos os teus!
Moito sentidiño
Che deu Deus!
E moito tiveches de aprender
na experiencia
dunha vida dura e difícil
que xa desde ben noviña
che foi tocando aturar.

E fixecheste tan forte
que podes con todo!
Endexamais permites
que algo leve por diante
a felicidade dos que máis queres.

Cando era nena/neno
pensaba,
imaxinaba,
cría,
que eras unha superwoman.
Unha especie de superheroína,

Pero diso, ...
hai xa moito tempo..,

Porque hoxe en día xa nada é igual
Todo mudou
Xa é moi distinto:

Agora estou plenamente convencida/o
de que aquilo eran fantasías, imaxinacións,
Utopías, quimeras,
Devezos de nena/o.
Ilusións.

Hoxe, emocionada/o,
teño comprobado a cotío,
Que aquilo era pura realidade,
Que era así, de verdade,
Sen trampa nin cartón.

Sempre fuches iso e moito máis!:
Titulada en amor.
En cada momento
fixécheste cargo
de coutar as miñas feridas
de cativa/o atravesada/o.
Das dos xeonllos
e das do corazón.
E curabas cos teus bicos
todas as miñas dores.

MAMÁ:
fuches a miña nutriz
e a miña ama de cría.
A miña enfermeira,
a miña confidente
e a miña confesora.
A miña mestra da vida,
a miña eterna acompañante…
a miña ...
Fuches, (presente ou ausente),
fuches todo na miña vida.

Sempre soubeches
comprenderme
e selar
os meus desvelos,
as miñas tolerías,
as miñas desavinzas,
as miñas preocupacións
e desacougos.

Algún día has-me contar
como adquiriches
esa grande habilidade.

Porque ser a túa filla/o
é un gran privilexio.

E quero que os meus fillos/as,
cada hora,
cada día,
sempre
poidan sentir e dicir de min
o mesmo
que eu podo dicir hoxe de ti.

Neste día e sempre,
Graciñas, MAMÁ!

+++++++++++++++++++
(Paráfrase, moi ampliada, dun breve texto anónimo lido, hai moito tempo, na internet).
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania