Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xardín futbolístico

lunes, 03 de mayo de 2021
Xardn futbolstico Marchou o abril, o mes das augas mil e entrou o maio, o mes das flores. De rapaz oín sempre que tamén era o mes das burras saídas. Pero aínda que o sexa, agora a verdade é que quedan poucas. Quedemos logo co mes das flores. E por fin floreceu o Celta, que a catro partidos da conclusión da Liga xa está salvado da baixar á segunda división.

A verdade é que, por fin, respiro a gusto, deixo escapar esa tensión que tiña acumulada desde hai máis dun par de anos. O condenado canto nos fixo sufrir. Agora floreceu baixo a batuta do arxentino Eduardo Coudet, o Chacho Coudet e grazas, como non, a eses pétalos de flor de Iago Aspas, Brais Méndez, Denis Suárez, Santi Mina e Renato Tapia, entre outros. A categoría destes é ben coñecida, pero... Pero algo aí fallaba.

Dixen sempre que o Celta tiña equipo para estar entre os sete ou oito primeiros, incluso o ano pasado, que foi cando máis estivo coa corda ó pescozo. Confío en que, agora, xa máis tranquilos, volva xurdir aquel Celta da afouteza, aquel Celta europeo que nos facía cantar a Rianxeira.

Xardín futbolísticoNo mes de maio tamén florece, loado sexa deus!, a propia Liga española de fútbol. Din que desde 1984, desde hai case 40 anos, non había unha loita tan encarnizada para que un, dos catro equipos que están na liorta, se leve o gato a auga. E uso esa exclamación porque xa está ben que sexan os dous de sempre (Madrid e Barcelona) os que cheguen aí ó final. Recordo cando a levara o Atlético de Madrid que tamén me emocionara; e iso que, polo antimadridismo, debería ir co Barcelona. Pero os bipartidismos cansan. Polo que é unha gozada ver como outro "inesperado" se alza co torneo.

E se imos máis alá do bipartidismo, o Atlético sería o seguinte que tamén cansaría por estar aí arriba practicamente todos os anos. Así é que, como comprenderedes, nestes santos momentos son máis que nunca do Sevilla. Oxalá este equipiño (o de equipiño vai con cariño, pois a realidade é que o conxunto andaluz ten algo máis que un equipo, e un gran adestrador) consiga amargarlle a festa ós dous ricos e ó terceiro de sempre do fútbol español.

No mes de maio florecen as flores e tamén florece o fútbol. Porque a política, sinceramente, está máis podre ca nunca. Viuse moi ben nesta campaña esperpéntica ás eleccións madrileñas. Así é que: viva o fútbol!; no que só había dúas rosas e, este ano, con catro xa se pode formar un xardín.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES