Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Setenta e tantos

viernes, 30 de abril de 2021
Recibir en tempo e forma a primeira dose da vacina Pfizer, colócame na situación de privilexio que só se adquire por orde cronolóxica.

Se en marzo de 2020 nos esmagou a lousa dunha pandemia que non nos deixaba máis solución que pecharnos ata que se atopase unha vacina, sabíamos que para conseguir un elemento de loita así fan falla infinitos esforzos e anos de investigación. E sen embargo conseguíronse varias vacinas antes dun ano, e comezouse a vacinar as persoas de maior risco, residentes nos centros da terceira idade.

Se agardar pola vacina foi un proceso relativamente curto, difícil se planteaba a súa comercialización, e distribución, e non digamos a súa aplicación. Pero visto está que cando o problema afecta a todos, gobernantes, poderosos e negociantes, o proceso avanza con rapidez para conseguir resultados.

E en tempo record, comezouse a vacinar, a unha velocidade que non houberamos suposto hai ben pouco tempo. E hai unha semana tocoulle aos da miña quinta, e ao Hula acudimos, convocados minuto a minuto con precisión militar, atopando perfección absoluta por parte de quen coida da nosa saúde, téndonos dado nese coidado exemplo de precisión e humanidade.

Conforta participar pasivamente neste operativo perfecto, e reafirma na convicción de que a sanidade é un dos maiores beneficios logrados pola sociedade que nos envolve. E á vez que temos que felicitar e felicitarnos de que o proceso de vacina funcione de xeito perfecto, remato mostrando o meu asombro por saber que de cada 100 citados de setenta e tantos anos só acudimos 70. Síntoo ben por ese trinta por cento que pasa do tema.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES