Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida continúa

jueves, 29 de abril de 2021
Tanto se as cousas veñen ben dadas como se veñen mal dadas, o reloxio da vida segue o seu ritmo.

TANTO SE:
-Nos tocou nacer e medrar nunha familia estable ou inestable.
-Temos máis ou menos cociente intelectual.
-Un compañeiro de traballo nos cae ben ou mal.
-Nos tocou unveciño excelente ou un indesexable.
-Temos moita ou pouca saúde física.
-Etc, etc.

A vida continúa, o tempo pasa, as oportunidades tamén e non queda outra que aproveitar e seguir cos ánimos altos:

SEGUIR ADIANTE DANDO O MELLOR DE NÓS, COS ÁNIMOS BEN ALTOS E COA ESPERANZA COMO BANDEIRA.

Porque:

-COÑECEMOS RAPACES QUE SE CRIARON NUNHA FAMILIA CON MULTITUDE DE PROBLEMAS QUE SOUBERON ABRIRSE CAMIÑO.

Claro que os coñecemos e témoslles gran estima porque teñen moito mérito.
Pode que non encontraran apoio na súa propia familia; pero encontraron con persoas boas na vida que souberon tocar o seu corazón e axudáronlles a avanzar confiando en si mesmos.
Para esas persoas a vida é un reto superado.

-NON TEMOS TODOS UN COCIENTE INTELECTUAL ALTO

Claro que non.
Soamente unhas poucas persoas gozan dese privilexio e non sempre son as que máis brilan nin as máis felices.
Para trunfar na vida non só se necesita un bo cociente intelectual, é preferible ter sentidiño, usar adecuadamente as capacidades que cadaquén ten e non meterse en líos.

Unhapersoa con sentidiño, sabe o que ten que facer en cada momento coas capacidades e as oportunidades que a vida lle dá e con eso ten o suficiente para sentirse feliz consigo mesma e ser respectada polos demais.

Se nos sentimos felices con nós mesmos e respectados polos demais, xa podemos continuar o noso camiño con tranquilidade.

-UN BO COMPAÑEIRO É UN APOIO MAIÚSCULO.

¡Cantos compañeiros de traballo se fan amigos de por vida!
Pero se nos toca un "rariño”", levarémolo da mellor maneira posible tendo moita paciencia cos seus defectos.

Seguramente que el tamén sofre con nós porque é víctima das súas rarezas.

-COÑECEMOS VECIÑOS EXCELENTES:
Cos que reina: a harmonía, a servicialidade, a confianza e amistade.
Os veciños indesexables están aí para poñer a proba o noso crecemento persoal.Sen querer, fannos un favor.

-TEMOS BOA SAÚDE FÍSICA:
Moita sorte temos mentres dura e estamos dispostos a utilizar da mellor maneira posible esas enerxías.

E cando se acaben: aceptación, paciencia, humildade e deixarse axudar mostrando agradecemento ás persoas que nos poidan ofrecer axuda.

A vida continúa con moita ou pouca saúde e hai que aproveitala ata o último momento.

NADAR CONTRA CORRIENTE, PERDER TEMPO EN LAMENTACIÓNS, IR POLA VIDA QUEIXÁNDOSE…pode que sirva para desfogarse; pero para pouco máis.

Cadaquén tén que aceptar a súa propia realidade, organizar a súa vida da mellor maneira posible e ser feliz co que a vida lle regala.

PORQUE A VIDA É UN REGALO E TEMOS QUE AGRADECELO PARA SER FELICES.

Para ser feliz hai que ser agradecidos.
Sentirse agradecidos equivale a sentirse ben.
Afortunadamente hai moitas persoas felices porque hai moitas persoas agradecidas.

"PERSOAS AGRADECIDAS"

Este será o título do seguinte artigo.

Quédolle moi agradecida porque me tivo na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES