Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Formación e emprego

jueves, 19 de junio de 2008
Sempre tivemos paro, aínda que neste tempo non se considera que sexa un dos problemas principais. E sen embargo é un problema moi importante.

Esquezámonos das porcentaxes. Porque non se trata de que haxa un determinado número de persoas que queren emprego, un determinado número de empregos, e que o acceso se vaia producindo por orde de chegada do peticionario. Non é tan sinxelo.

O Ministerio de Traballo, investigando na realidade laboral de Galicia, detecta que neste País hai máis de oitenta profesións nas que os empresarios e as administracións teñen dificultade para conseguir traballadores.

Variando segundo que provincia galega, faltan traballadores no sector da pesca, na construción, farmacéuticos, arquitectos, fisioterapeutas, escaiolistas, soldadores, cociñeiros, camareiros, panadeiros, pasteleiros, deportistas profesionais e entrenadores. E non hai demandantes abondo para estes sectores.

¿Que falla aquí? Os que se dedican á formación non saben que demanda de emprego hai, ou os demandantes de emprego non fan públicas as súas necesidades?. Ou quen regula os temas de emprego non se para a pensar o que compre facer para planificar ensinanzas axeitadas para conseguir formar o que a empresa necesita?.

O certo é que hai paro, importante paro, pero os que queren traballar non teñen a cualificación precisa. E hai que acudir ó mercado extranxeiro, á inmigración, para cubrir as prazas que precisan ser atendidas.

Formación e emprego deben estar profundamente relacionadas, para remediar carencias graves e desaxustes moi importantes nos engranaxes do emprego en Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES