Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: De paspán pola vida / Algo non cadra

viernes, 30 de abril de 2021
De paspán pola vida
Estou estudando a posibilidade de meterme a cantante. Pero as palabras da miña nai penetran e furgan na miña mente: "ai, neno, que mal cantas". Porque eu cantaba moito cando viña do monte coas vacas, principalmente polas noites (si, para escorrentar o medo), e cando araba unha leira, e cando angazaba na herba seca, e cando cavaba no Pingas de Orballo: De paspán pola vida / Algo non cadramillo, e cando ía ó muíño (aquí tamén polo medo, porque había que cruzar unha escura e longa carballeira), e cando segaba os nabos para a caldada do pote. Eu cantaba sempre. Pero sen saber cantar, como dicía a miña nai.
Incluso cheguei a pensar en meterme futbolista. Pero... e se me rompen as canellas? De rapaz cheguei a xogar de porteiro. Non obstante, onde máis aguantei foi de defensa dereito. Teño un amigo que, aínda hoxe, me chama Touriño. Tamén soñei sempre con ser actor. E dábame por actuar ante un mangado de toxos e, ás veces, poñendo de antagonista ó meu querido e amado Uriarte. Este can, por veces, ata penso que me seguía a corrente, a leria. Era moi listo o Uriarte.
Agora estudo a posibilidade de facer de nugallán. Quizais sexa o que mellor se me dá. Porque o de escribir, o de ler e o de ver películas seica son simples entretementos, vulgares pasatempos. Non quero contrariar, contradicir a ninguén. Así é que, si, definitivamente, estudarei para gandulo. Claro que ó mellor non é necesario facer unha gran carreira para andar de paspán pola vida. Aí o deixo.

Algo non cadra
Algo non cadra. Algo non vai ben. Mentres tomaba o típico café da tarde fixen o que fago desde hai un tempo neses momentos: escribir un relato para Pingas de Orballo. Escribino. Sobre unha nova que lera nos xornais a cerca da negativa dunha xuíza do Rexistro Civil de Vigo non querendo casar a unha parella porque o noivo se vestira de Jack Sparrow. Pero desde o momento en que o rematei, hai máis de tres Pingas de Orballo: De paspán pola vida / Algo non cadrahoras, non deixei de pensar nel, principalmente sobre a opción de publicalo ou non, é dicir, de mandalo ó xornal e subilo ás redes. E ó final optei por deixalo no caderno no que o escribín. Porque algo non me cadra. Tampouco sei dicir se é para non levantar polémica ou se é porque lle noto algo raro, algo que non me enche. Así é que, xa vedes, estou escribindo algo sobre o que escribín.
Hai indecisións ou dúbidas que botan para atrás. Non sei, ó mellor é ese sexto sentido que nos acaba dicindo que non procede dar a coñecer certos pensamentos ou sentimentos para non ferir a sensibilidade de alguén, como se adoita dicir. Eu só sei que notei algo raro. E ante a dúbida...
E iso que, xeralmente, cando escribo (e escriba o que escriba), sempre lle dou para adiante, sen pensar moitas veces nas consecuencias. Recoñezo que non é bo escribir en quente. Cando o fago, menos mal que os da redacción ás veces danse de conta e frean a carallada. Ultimamente, sabendo como son, xa procuro espazar máis o tempo desde a lectura ou a visión dunha noticia ata a miña propia versión. Porque son humano e quéntome, ás veces fervo incluso. No de hoxe creo que optei polo mellor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES