Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Diamantes para a eternidade / Cara á inmortalidade

miércoles, 28 de abril de 2021
Diamantes para a eternidade
Cando torcín a vista do ordenador atopeime cun dos meus listados cinematográficos e vin ese título, que versa sobre unha nova aventura do mítico James Bond, ese axente 007 que ten licencia para matar, e pensei (moitas veces falo comigo mesmo) que xa estaba, que dese título podía partir un relato, este relato. Pero, claro, a Pingas de Orballo: Diamantes para a eternidade / Cara á inmortalidadeonde vou buscar eu un diamante? Eu, como moito, podo agasallar cun anel de latón. Aínda que, se vos digo a verdade, que mellor regalo que unha flor de toxo. De toxo! O noso toxo! A flor por antonomasia da nosa Galicia! O patrón das nosas plantas! Sinceramente, e desde a miña pobreza, onde estea unha flor de toxo que se quite un diamante.
Diamantes para a eternidade. A min que me enterren sobre catro codesos e que me cubran cun feixe de fentos. Esa sería unha eternidade ben bonita! Os diamantes... os diamantes só valerían para que alguén profanase a miña tumba e arrapañase con eles. Porque non todos os seres viventes son partidarios dos toxos, codesos e fentos, sabendo que poden ter un ou uns pelouros que brillan eternamente. Pero eu son como son, e coa miña pobreza confórmome co que me aleitou desde sempre, co que me deu de vivir desde que nacín.
Diamantes para a eternidade. Que mellor diamante que un sorriso aberto e luminoso, que un desexo que te ascende ó ceo e que unha mirada ou unhas palabras que te deixan perplexo. Diamantes para a eternidade e flores dos toxos para sempre.

Cara á inmortalidade
Deica agora dicía, confesaba e escribía de que viviría moitos anos, de que tardaría moitos anos en morrer. Ademais dicíao e dígoo todo convencido, cheo de razón. Pois Pingas de Orballo: Diamantes para a eternidade / Cara á inmortalidadeben, desde a unha menos dez do mediodía do Día do Libro confeso que son case inmortal. O case vai polos tres meses ou doce semanas que tardarán en enchufarme, en inserirme a segunda dose da AstraZeneca. Iso é, hoxe tireime ós toxos para que me inocularan a primeira. E tireime a peito descuberto, sen medo ningún; é máis, con ansia e con gozo. Era algo que desexaba. Por se aquel e... para ser inmortal. Desde hoxe non me entra nin unha bala. Desde finais de xullo nada me matará. Serie inmortal.
Agora mesmo noto como esas poucas pingas de non sei que empezan a coller posicións por todo o meu corpo para facerlle fronte, para defenderme dese bicho que leva máis dun ano tocándonos a moral. Pingas de non sei que que me levarán cara á inmortalidade. Xa sempre dixen que a min ese bicho non me tocaba aquilo que pensades. Sempre fun duro de roer. Son duro de roer e serei duro de rillar.
Ademais, foron a escollerme o día apropiado: o 23 de abril, o Día do Libro. Para que siga lendo eternamente, ata o infinito e máis alá da Covid-19. A mellor homenaxe para este día foi que xa lin unhas boas páxinas antes de tirarme ós toxos e dentro dunha hora ou así penso percorrer outras tantas páxinas ou máis. E así, grazas a esa vacina, poderei seguir lendo per saecula saeculorum.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES