Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

HANS KÜNG, teólogo humano (II): A liberdade conquistada

miércoles, 28 de abril de 2021
Todo o traballo intelectual de Hans Küng tivo o obxectivo en descubrir un cristianismo humano superando as diatribas escolásticas e as contradicións dogmáticas ao traveso dos séculos da Igrexa católica.

Preséntanos a Xesús moi distinto dos sacerdotes e da teoloxía clásica, reflectindo o senso do pobo que escoitaba a Xesús do Evanxeo, onde aparece a confesión da xente que dicía: "Este ensina como quen ten autoridade", quer dicir, que valía a pena seguilo.

Critica as pompas litúrxicas que moitas veces mostran só a fachada dun templo do tempo barroco e do triunfalismo que se parecen máis ás práctica imperiais que ás de Xesús do Evanxeo. Fala do tempo de Juan Pablo II e de Benedicto XVI con un movemento conservador e nostálxico que non obedece a liña que se apuntou no Concilio Vaticano II.

Mais, como prometín na anterior colaboración, quero facer referencia ao libro das súas memorias, La libertad Conquistada, que fala do seu percorrido por España, no tempo do nacional-catolicismo.

No momento en que escribe este libro fai memoria do seu aprecio por España, a onde, en 1957, veu estudar a lingua española, "a terceira máis falada -di- despois do inglés e Chino". Aquí fixo bos amigos teólogos e o historiador, José Ignacio Tellechea Idígoras, famoso pola biografía que fixo de Bartolomé de Carranza, arcebispo de Toledo, ano 1558, que, pouco máis dun ano de que tomou posesión do cargo de Arcebispado, foi transportado ao cárcere do castelo de Sant Angelo en Roma, acusado pola Inquisición de promover a lectura da Biblia e a teoloxía polos laicos na lingua vulgar. Ali morreu ao pouco tempo de ser absolto.

E prosigue Hans Küng durante a estancia en España coa posta a punto da súa historia que viña de sufrir a "guerra civil entre o goberno republicano progresista, apoiado por comunistas, socialistas e anarquistas, e da outra parte o movemento nacional fornecido pola Igrexa católica". Fai unha sucinta exposición da ditadura que aprecia pola presencia policial e pola censura da prensa carente de interese. Mais cando esculca a Igrexa protexida polo Estado, manifesta: "¿los obispos?, propuestos por Franco, sin apenas contacto con el mundo moderno; ¿los sacerdotes?, educados desde pequeños en seminarios; ¿la fe del pueblo?, mezclada con supersticiones".

A miña experiencia confirma a súa presencia en relatorios para presentar algún dos seus libros ou para falar de temas puntuais que ateigaba de seguidores en Madrid o salón de Chaminade no Campus da Complutense. Dedícalle unha dura crítica á Igrexa española dirixida, di: "pola congregación secreta, rica en diñeiro, de un catolicismo fascistoide, e até daquela para min descoñecida, o Opus Dei". Ademais de precisar que no derradeiro goberno de Franco a maioría dos ministros eran membros da Obra, tivo o seu peso no goberno da Igrexa de Xoán Paulo II, nun pontificado que parecía eterno. "O seu fundador, José María Escrivá de Balaguer y Albás, en tempo récord, foi "beato" en 1992 e "santo" en 2002. E tamén sesenta anos despois da guerra civil fora canonizar (sic) [beatificar] 2.302 "mártires" católicos, sen facer mención [....] aos mártires socialistas [republicanos] vítimas das tropas franquistas" e [durante a ditadura].

Quédanos, pois, aos cristiáns e a toda a xente de boa vontade un legado crítico e duro á nosa Igrexa española no tempo franquista, mais non nos deben caer os aneles que un teólogo nos diga a verdade coa LIBERDADE CONQUISTADA.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES