Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O rito do avión

miércoles, 18 de junio de 2008
Voar sempre será complicado. Primeiro, pola distancia do lugar de residencia ó aeroporto. Santiago, A Coruña ou Vigo son os lugares onde dirixirse obrigatoriamente cando se quere viaxar de Galicia.

Poñamos que para unha gran maioría hai que sair da casa cunha hora de antelación para a viaxe, máis outra hora aproximadamente para identificarse, presentar billete, facturar equipaxe, pasar controis, volver identificarse, e acceder ó avión.

Unha viaxe Lugo-Madrid, Ourense-Madrid, poñamos por caso, que no coche leva pouco máis de catro horas, significa dúas horas para entrar no avión, unha hora no avión, e outra hora para desde Barajas chegar ó destino. Que cada quen xulgue.

Algúns trámites van simplificarse, e desde agora os billetes desaparecen sustituídos por un número de identificación que, sumado ó documento de identidade do viaxeiro, permitirá acceder ó avión.

Segundo as compañías, van aforrar dous milllóns de euros anuais, e ó non consumir papel evítase cortar non sei cantos miles de árbores.

Desaparecerán aqueles billetes con numerosas follas –para ir, para volver, para a compañía, para o avión, para a axencia de viaxes, e como recordo- e un só número falará por nós diante da compañía e acreditará que temos pagada a pasaxe, autorizándonos a voar.

Perderemos un dos detalles máis característicos do rito de voar, en aras da simplificación. Menos mal que sempre nos quedarán os cacheos, as máquinas detectoras, as esperas, as colas... e moitos outros detalles que fan apaixoante o feito de subir a un avión.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania