Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre implantacións

lunes, 26 de abril de 2021
Sobre implantacins O venres pasado foi o Día do Libro. Sabedes que non son nada partidario dos Días de... Porque ninguén me sacará da cabeza que son días implantados polo Corte Inglés ou semellantes. Ademais, todas esas celebracións deberían de levarse a cabo todos os días. As nais non só son nais o primeiro domingo de maio, nin os pais o día de san Xosé ou 19 de marzo.

O Día do Libro... que mo pregunten a min, que non perdo ningún día en todo o ano sen ler algunha páxina. E desde que me xubilei non fago outra cousa que ler. Tan só deixo de ler cando teño que escribir estas crónicas. Os Días de teñen que ser todos os días, non só un en concreto.

Tamén todos os días, desde hai un tempo para acá, a prensa galega lle dedica páxinas e máis páxinas ás eleccións madrileñas. Como se a nós nos repercutira moito tal acontecemento. Houbo días nos que cheguei a pensar que nin ás galegas se lles dedica tanto espazo. Claro que, pensando un pouco friamente, ó final será verdade que dependemos moito dos de máis alá do Padornelo. Sempre bailamos ó son que nos tocaron.

A semana que nos deixou tamén deu para un asunto que foi e non foi. A Superliga. A Superliga dun puñadiño de ricos para facerse aínda máis ricos... á costa dos pombos. As críticas foron tan duras que, o dito, foi e non foi. Eu tampouco son partidario dela, pero tamén é verdade que me gustaría ver sempre un Bayern de Munich-Liverpool, por exemplo, en vez dun Atalanta-Ferencváros. E sei que o 90 por cento deses críticos lles pasará o mesmo; que no bar non haberá ninguén vendo un Dinamo de Zagreb-Roma e si sentarán ante as pantallas para ver un Barcelona-Manchester City. Foi e non foi, mais intúo que non tarda nin cinco anos en ser. Lévase xa moitos anos falando desa Superliga que, ó final, non lle quedará outra que caer, que implantarse.
Sobre implantaciónsOnde non se implanta nada parece que é no concello de Ourense. A ver, non quero criticar moito porque non vivo nel (e como comprenderedes, pois case nin me vai nin me vén), pero polo que leo nos xornais, iso debe ir moito máis alá do caos. E todos o saben, e todos o ven, pero por unha mingurria de nada, ninguén quere dar o primeiro paso para que todo cambie. E se algún o quere dar, os outros poñen atrancos a esgalla. Como se adoita dicir: uns polos outros e a casa sen varrer.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES