Cultivando prosperidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 22 de abril de 2021
O xénero humano está chamado a evolucionar.
É DIFÍCIL; PERO NON É IMPOSIBLE.
Que llo pregunten a calquera persoa de ben que loitou con tódalas súas forzas para conseguir un traballo, un fogar, un nivel de vida...
A historia da humanidade, a historia dos pobos e a historia das persoas é unha loita constante tanto na prosperidade como na adversidade. Todo forma parte da vida.
NIN OS MOMENTOS DE PROSPERIDADE SON PARA BOTAR FOGUETES, NIN OS DE ESTREITURA PARA AFUNDIRSE.
Cando a vida nos sorrí, debemos agradecelo, disfrutalo e tamén convén aforrar para cando non hai...
Eso é o que facían os nosos antepasados cando aforraban para unha enfermidade ou para a ancianidade porque non contaban cunha pensión nin cun soldo fixo.
No tocante ás pensións actuáis, pode que sexa bo momento para pensar o que pode pasar tanto coas coas pensións do futuro como coas coas do presente.
O que pasará no futuro, ninguén o sabe, confiemos que todo irá ben.
¿Poderánse garantizarse as pensións presentes?
¿Cómo está a hucha das pensións?
No Vaticano xa as reduciron...
¿Podería pasar algo así no resto dos estados?
De feito a xuventude tarda cada día máis en incorporarse á vida laboral.
ESTAMOS PASANDO POR MALOS MOMENTOS, PERO ESTO NON PODE SER A EXCUSA PARA EVITAR QUE PROSPEREMOS.
Non podemos estancarnos.
Nin podemos estancarnos, nin moito menos perder o tempo en lamentacións.
Cómpre rearmarse de valor, concentrar tódalas enerxías para saír adiante coste o que coste.
Por eso:
-A INFANCIA esfórzase moito aprendendo tecnoloxía e robótica ó mesmo tempo que adquier coñecementos: precisa autonomía de movementos para enfrontarse ós tempos que lle esperan.
-A RAPARACERÍA prepárase para un oficio ou unha profesión facendo másters e máis másters porque ten moi alto o nivel e tamén moita competencia.
O que non ten moi claro a nosa xuventude é que non basta con ter coñecementos teóricos, a vida é moito máis que teoría: a vida é a práctica diaria que nos permite realizarnos como persoas e ter autonomía a tódolos niveis.
Hoxe en día hai moitas persoas con estudios que están realizando labores que noutro momento realizaban persoas sen eles.
O imporante é o labor ben feito que permita gañarse o pan de cada día.
-OS ADULTOS saben que: ó prezo que sexa teñen que ser un estímulo, cando non un colchón, para a xente nova e ó mesmo tempo sen esquecer a xeración anterior.
É MOITÍSIMA A RESPONSABILIDADE COA QUE SE CARGA NA ETAPA ADULTA:
Por unha banda ten que "AXUDAR A SUBIR" ós que veñen detrás e por outra ten que "AXUDAR A BAIXAR" á xeración anterior.
TAMPOUCO SE PODE ESQUECER O VALIOSÍSIMO LABOR QUE FAI A ANCIANIDADE APOIANDO Ó RESTO DA FAMILIA:
¿CANTOS AVÓS NON SON O COLCHÓN DA FAMILIA?
Por eso mesmo precisan cariño, respecto e coidados na recta final da vida; QUE É TAN DIGNA COMO AS RESTANTES.
Así é o deber de todos. Así é o ciclo da vida.
ASÍ É COMO SE CULTIVA A PROSPERIDADE.
Non se pode romper a cadea, todos somos necesarios para construír a "escaleira social" da humanidade, porque a vida continúa.
"A VIDA CONTINÚA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora