Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Europa sae cara

miércoles, 18 de junio de 2008
Cada vez que nunha gasolineira nos sangran economicamente, a metade é para pagar os custos de producción e venda do combustible. O outro cincuenta por cento, corresponde a impostos.

Se o problema o analisamos individualmente, resulta que o goberno español aplica impostos abusivos sobre un producto de primeira necesidade co fin de obter ingresos multimillonarios do xeito máis doado. Aplicar un cen por cento de impostos sobre calquera base económica é irracional.

Pero aínda que o goberno español quixese poñer remedio a esta situación, non podería facelo por estar suxeito ás normas da Unión Europea, e -dentro da Unión- España está moi por debaixo da media dos paises que forman Europa.

O precio do gasóleo en España está arredor dun vintecinco por cento máis baixo que o do promedio da Unión, e case un corenta por cento menos ca en Holanda que, con moito, é o máis caro da comunidade cun euro e medio por litro de combustible.

Xa podemos imaxinar cal será o rumbo que tomarán os precios do combustible dada a situación dos nosos veciños, e tendo en conta ademáis que a U.E. obriga a subir as taxas no 2012 un 9%, rematada a moratoria que se concedeu a España en tal sentido.

Europa vainos sair cara, pero hai que seguir camiñando a bo ritmo para non perder o paso. Sae cara, pero parece que funciona. Aínda que haxa que pagar estas peaxes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES