Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tirando da Lembranza

jueves, 22 de abril de 2021
Hoxe vou falar de alguén moi achegado a min: Joaquín Alejos, boxeador e campión de España do peso pluma, e fágoo porque hai uns días atopeime no meu paseo habitual cun compañeiro de itinerario peonil que me entregou unha fotocopia dun xornal cunha entrevista a Joaquín (o segundo de catro irmáns, logo da miña nai), datada en outubro de 1990 e realizada no hospital onde meu tío enfrontábase ao seu derradeiro combate. De súpeto viñeron a min una morea de lembranzas.

Puido ser un bo porteiro de fútbol pero no contou coa aquiescencia do meu avó porque dicía que nesa demarcación levaba o neno moitos golpes; isto contábao miña nai partíndose de risa polo que viría despois porque para golpes o que se di golpes, o boxeo.

Formando parte da equipa do Deportivo de A Coruña (entón tiña sección de boxeo) acada no Frontón Cinema de Zaragoza no ano 1944 o campionato nacional do peso pluma afeccionado. E no ano 1949 na Praza de Touros da Coruña o campionato nacional profesional da mesma categoría diante do boxeador catalán Francisco Latorre.

Apoteose en Mugardos con banda de música e todo para recibilo no peirao: eu estaba alí de bebé no colo da miña nai segundo ela contaba. Aquilo foi unha efeméride na vila: ter un veciño campión de España.

Houbo en Mugardos dous ídolos do cuadrilátero, Joaquín Alejos e Andrés Balsa (campión de loita libre). Nunha ocasión, xa en plena democracia e gobernado en Mugardos o PSOE, e dígoo sen doerme prendas porque ao César, o que é do César, propuxen que na "Festa do Deporte" que entón se celebraba anualmente na vila, houbera un detalle con estes dous deportistas aínda que fose só colocar unha pequena placa na fachada do polideportivo como recoñecemento dos seus veciños aos seus campións. Dixéronme que había que esperar o momento axeitado e... ata agora. Aquela proposta non foi adiante ben porque se esqueceron, porque as cousas de Pazo van amodo ou porque había outras cousas máis importantes que facer. Pode ser. Non insistín porque non quería que se puidese pensar que eu arrimaba o tizón á miña sardiña pola parte que me tocaba e así quedou a cousa: en nada.

Penso que nunca é tarde, que sempre se está a tempo de ir na procura dun sinxelo recoñecemento aos nosos veciños que destacaron no deporte ou en calquera actividade da vida. Quizais volva á carga nesta proposta nada complicada malia que aquela era a ocasión. Veremos se esta vez non din o mesmo: que hai que esperar ao momento axeitado. Iremos vendo.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania