Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lume

miércoles, 21 de abril de 2021
Na miña nenez foi un acontecemento en Vilalba o incendio dunha zapatería na rúa principal que ardeu durante tres días. E espectácular foi un lume no centro de Muras, nos anos sesenta, no que ardeu unha casa, aínda agora sin reconstruir, na que os moradores salvaran a vida avisados polos choros dunha nena. No Lugo de 1966, foi tremendo o incendio da Casa de Alvarado no fondo da Praza Maior. Para sofocar estes lumes só existían os bombeiros do Concello de Lugo, que tiñan a obriga de atender primeiro aos da cidade, e logo –se se podía- ao resto da provincia.

Puido ser tráxico o recente incendio que devorou varias naves no Ceao, que se extendeu rápidamente polos materiais que almacenaban as naves afectadas. A non existencia de vítimas limita a magnitude do suceso que causou cuantiosos danos ás instalacións das empresas arrasadas con perigo de perda de postos de traballo.

É confortante a mellora das condicións de loita contra o lume, xa que se hai anos toda a provincia dependía dos bommbeiros da capital, nesta ocasión acudiron a reforzar aos especialistas lucenses dotacións de Vilalba e outros pobos veciños que agora posúen tan esencial servizo.

Aínda que os humanos non podemos controlar os elementos, sabemos que o inxenio, a forza de vontade, e as axudas de institucións e particulares paliarán os danos sufridos, e o mesmo que nun lume forestal a natureza fai que herbas e árbores logo volvan medrar, o traballo dos afectados e o paso do tempo fará que os postos de traballo se manteñan, as empresas se recuperen, e este incendio sexa tan só un mal recordo, do que todos teremos moito que aprender.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES