Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Asomada ó balcón

miércoles, 21 de abril de 2021
Alí está. Asomada ó balcón. Mirando para o horizonte, pero quizais sen ver máis alá da forza dun suspiro. Porque, ela, ten a mirada perdida. Hai xestos ou detalles que delatan, que son coma libros abertos ou coma cadernos en branco para que alguén deixe caer versos soltos que, no remate, formarán todo un poema. Ela dóbrase sobre a Pingas de Orballo: Asomada ó balcónvaranda do balcón e deixa asomar un sorriso enorme, branco, luminoso; aínda que siga amosando certa melancolía nos seus ollos. Cunha perna segue o ritmo dunha canción imaxinaria. Incluso neste detalle da perna, do ritmo intúese que é unha melodía chea de nostalxia. Dunha nostalxia que tan só ela sabe de onde procede; ou por que lle rabuña a alma, as entrañas.
Alí está. Dando pequenos paseos polo curto balcón e coa soidade circulando ó seu arredor. Viste un fermoso vestido roxo que o vento, de cando en vez, súbello un chisquiño dos xeonllos. Un sombreiro é o amigo que a cobre, que a tapa dese sol que queima. Non obstante, ela segue alí, ó sol, no balcón, esperando quizais a un soño que escapou do pirata que a rolda. Ela sabe e intúe que alguén quere seguir o ronsel da súa Perla Negra.
Apoia de novo os cóbados sobre a varanda do balcón para seguir contemplando o horizonte que non ve ou esperando a ese soño que non chega. Aínda así deixa que o seu sorriso cegue ó propio sol que a queima. A melancolía é o pracer de estar triste. Ela non está triste, tan só sente nostalxia ou morriña ou señardade. Deixa o balcón e métese dentro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES