Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manueles libertarios

miércoles, 21 de abril de 2021
Comentei moitas veces que abril é un mes sagrado para quen cree na liberdade, un mes de culto no que un mesmo quixera nacer pero como isto xa non puido ser, mesmo quixera morrer un día de abril vendo o "abrente limpísimo" do que falaba Manuel María.

Abril é o mes dos soños de porvir, o mes da liberdade e o mes no que esa liberdade teceu as máis lindas utopías.

Quizais Galicia sexa a conexión entre dúas utopías básicas que constrúen o soño libertario: a proclamación da Segunda República e a Revolución dos Caraveis portuguesa pero Galicia tivo a súa propia revolución anterior a estes dous fitos e que, quizais, supón o primeiro punto vermello en abril. Estou falando da Revolución que afogaron no sangue dos mártires de Carral.

Son moitos os fitos a celebrar en abril e, con todo, os feitos propios de Galicia son lutuosos e teñen como protagonistas aos citados mártires de Carral e, xa no 36 a Manuel Ponte Pedreira, Manuel Rodríguez Suárez e a Manuel Díaz Pan que loitaron ata o seu último alento por un país ceibe e republicano.

Dicían que eran fuxidos, ladróns, bandoleiros e cousas peores. Realmente, eran defensores da patria e da liberdade imprescindible para unha vida digna. Eran os que hoxe en día tiñan que ser coñecidos por todos estando niso que chaman cultura xeral. Moi lonxe diso, son lembrados con dignidade por un grupo reducido de memorias entre as que teño a honra de incluírme.

Eles caeron e dende que caeron houbo e hai quen procura arrastralos ao pozo do esquecemento. Para eles desexo unha memoria efémera como merecen e un longo esquecemento que contraste co recordo perenne de quen loitou pola liberdade porque nunca calarán, porque van en nós e porque con nós, como di o romance "unha compaña de mortos vai berrando liberdade".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES