Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre razas superiores

lunes, 19 de abril de 2021
Sobre razas superiores A estas alturas xa se sabe que Hitler e o seu réxime foi unha das maiores pestes que asolaron o noso planeta. E creo que practicamente todos estamos de acordo con iso. Non evitando, iso si, que sempre asome alguén dicindo que ese asasino fixo moi ben institucionalizando unha magnífica raza aria. Como tamén hai veces en que, nun momento de carraxe, cuspamos pola boca sentenzas que, máis seguro, non as acepta o corazón. A quen non lle pasou que nun momento de rabia, chegue incluso a desexar a morte de alguén e, logo, ós dous segundos arrepentirse do que dixo?

Todo isto vén a conto porque a Fiscalía impútalle a un paisano un delito de odio e outro de inxurias ós exércitos e forzas e corpos de seguridade porque, nas redes sociais, seica gabou a Hitler e ó seu réxime. Xa digo que o de Hitler foi máis que unha peste. Pero, por exemplo, da mesma ralea era Franco e non vexo eu que a tal Fiscalía denuncie ós que defenden ó ditador. E mirade que aínda hai moitos. Máis dos que se pensa. Se botamos man das hemerotecas e nos fixamos, por exemplo, no traslado dos restos mortais do Caudillo, aí a Fiscalía puido poñerse as botas. Pero non fixo nada.

Sobre razas superiores Por que a Fiscalía non actúa (por delito de odio e inxurias) cando case a metade deste país pon a parir ós inmigrantes que chegan ás nosas costas? Aseguro que hai odio e blasfemas nesas declaracións que escoitamos nos bares sobre certas persoas que se buscan a vida que, nós, antigamente, lles quitamos. E nin son ditadores nin moito menos creadores dunha raza superior apta para o exterminio doutras inferiores.

Falando de razas superiores, Ourense, pouco a pouco empeza a rexurdir das súas cinsas, empeza a engalar en canto ás súas personalidades. Aí temos o caso da rapaciña Raquel Carrera que, coma un foguete, engala cara ó máis alto nivel do baloncesto. Acaba de acadar a posición máis alta no draft da WNBA. Xa ten que custar chegar, por exemplo, ó Valencia Basket, imaxinade á NBA feminina.

Outro que engala, ou mellor dito, que xa rexurdiu con forza é o músico Daniel Minimalia que acadou hai pouco o Grammy Latino polo seu disco instrumental "Terra". Dicir que tanto a WNBA como os Grammy son xa palabras moi maiores, ou o que é o mesmo, razas superiores.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES