Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A Partida

martes, 20 de abril de 2021
Quixen cantarlle as corenta a un, pero nunca conseguía compaxinar o cabalo e o rei do mesmo pau e moito menos que me cadrase con trunfos. Así é que en vez de cantarlle as corenta, boteille unha mirada desas atravesadas e púxenlle cara de poucos amigos. Tamén é verdade que o tipiño non era moi amigo; era un simple coñecido. Mireino mal porque el mirábame peor. E creo que foi porque cheguei a comentar nun lance do xogo Pingas de Orballo: A Partidaque a luz onde máis brilla e na escuridade absoluta. Para min que pensou que lle dicía que estaba cego, cego coma unha toupeira. Eu tan só dicía a realidade: a luz onde máis brilla é na escuridade. É o mesmo que se digo que un se afoga no mar porque non sabe nadar. É normal que se afogue, non si?
Logo dunhas cantas mans máis, nin a min se me dulcificou o xesto de cara de ferruxe nin a el lle desapareceu aquel espírito maligno que, eu, sabía que levaba dentro. Cada vez que arrastrabamos mirabámonos os dous de mala maneira. Aquilo empezaba a ser coma un spaghetti-western de Sergio Leone. A tensión palpábase no ambiente, ou sexa, no bar. A partida non sei se remataría moi relixiosamente. Os outros dous compañeiros intuían que algo pasaba porque nin rosmaban, nin tan sequera cantaban as xogadas nin as cartas.
Os xogos pasaban coma balas e eu non conseguía cantar nada. Xa me doían os ollos de miralo de esguello e tamén a pel da cara de tela tan tensa. A partida semellaba unha película barata. Menos mal que o do bar dixo que tiña que pechar e aí rematou todo. Menos mal.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES