Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Antes, as estradas; agora, Internet

martes, 17 de junio de 2008
Un vello conto de xornalistas relataba que estando o Ministro do ramo falando das excelentes estradas que construía, cando un dos presentes sinalou que el tiña viaxado bastante e as cousas non eran así, concluíu o Ministro indicando que debería viaxar menos e ler máis a prensa.

Agora eso pode pasar con Internet, se temos en conta as palabras do Ministro de Industria, Turismo e Comercio, que ven de afirmar no Senado que o Plan de Extensión da banda Ancha en Galicia está cumprido no 99,4%, co que todos os concellos galegos, e case a totalidade da poboación dos máis de vinteoito mil núcleos habitados que hai en Galicia, con máis dun millón de habitantes, teñen Internet.

En tanto, o Estudio Xeral de Medios e o estudio “Internet en españa” da Fundación BBVA conclúen que máis de vinteiun millóns de españois maiores de 14 anos non usan habitualmente internet. E segundo un estudio da Universidad Rey Juan Carlos, Galicia e Extremadura son as comunidades que están á cola de Europa en canto á utilización da Rede, e a gran distancia dunha situación normal.

O Ministro deberia darse unha volta por Galicia para comprobar a realidade da información que lle facilitan, instalacións, coberturas, distribución da poboación e moitos outros detalles que serían clarificadores.

Se antes eran vitais as estradas, agora éo Internet, sen que as estradas deixaran de ter a súa importancia. Pero agora o urxente é Internet. E eso, en Galicia, vai moi amodo. Pese ós millóns de euros repartidos. Pese ás convocatorias de axudas difíciles de entender. Pese a palabras altisonantes, a situación de Internet en Galicia é de subdesenvolvemento.

Seguimos. Pero do Ministerio e da Consellería dirannos que “Internet va bien”. E teremos que seguir lendo a prensa para crelo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES