Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Polo atallo

viernes, 16 de abril de 2021
Polo atallo viña pensando que levo moito sen escribir de fútbol, con todo o que significa para min, con todo o que me gusta. Hoxe tampouco o vou facer. Recoñezo que é un recurso barato para encher o relato ou para matar o tempo mentres tomo o café. Hoxe quero ser máis profundo. A profundidade consiste en furgar no asunto, en furgar Pingas de Orballo: Polo atallono máis profundo dunha idea, dunha acción, dunha situación, dunha carallada incluso e ata dun esperpento valle-inclanesco. Sei, por exemplo, que se me introduzo nun bosque podo chegar a ou mergullarme no máis profundo do desexo. Si, porque devezo meterme na escuridade para intentar ver a luz da éxtase, do orgasmo. Así de claro, así de profundo.
Polo atallo tamén acordei de cando lle daba patadas a un balón xogando cos fillos (por certo, nunca xoguei tanto e durante tanto tempo mentres durou a súa etapa infantil), pero sería como volver a ese deporte do que hoxe non quero escribir. Case digo "que non me apetece escribir", pero apetecer apetéceme sempre. De aí que tamén esprema esa forza de vontade que se me presupón. Quéirase que non, ter forza de vontade tamén é algo moi profundo. Non todos teñen a forza de vontade que teño eu. Xa mo dicía miña nai: ti es moi agudiño. Aínda que na realidade non lembro que mo dixera nunca. Pero tamén é profundo confesar as verdades e as mentiras, os pros e as contras.
Cando saín do atallo deixei de pensar. Porque, analizando o asunto polo miúdo, a profundidade sentimental onde realmente estaba era no atallo. Fóra do atallo todo é monotonía.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES