Tempos mellores
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de abril de 2021
Esperamos tempos mellores, porque:
TODOS ESTAMOS CANSADOS DE ESCOITAR QUE A PANDEMIA NON SE DÁ IDO.
-Que se un día baixa algo a curva.
-Que se ó día seguinte xa subiu.
-Que se temos que quedarnos na casa.
-Que se non podemos saír do noso concello.
-Que se a nosa comunidade está perimetrada.
-Que se perdemos algún familiar ou amistade sen poder despedila.
-Que se o negocio está indo a pique.
-Que se os estudiantes non poden asistir á clase regularmente.
-Que se tivemos que pecha-lo negocio.
-Que se temos que ir á cola de Cáritas.
-Que se
XA ESTAMOS ABURRIDOS DE ESCOITAR SEMPRE AS MESMAS NOTICIAS.
Porque:
DESEXAMOS REUNIRNOS COA FAMILIA.
- Hai anciáns que están vivindo en soidade absoluta.
- Hai pais que levan tempo sen ver persoalmente ós seus fillos.
- Hai avós que non viron ós seus netiños nacidos nos últimos tempos.
- Hai moitos bicos e apertas que non se puideron dar.
- Hai moita falta de vida familiar.
- Hai moitos cumpres e moitas onomásticas pendientes.
- Hai moitas ganas de reencontros con persoas moi queridas.
- Hai moitos parentes que xa non están entre nós.
- Hai vodas, bautizos, comunións que se están aprazando.
- Hai festas patronais que van quedar no esquecemento.
- Hai
DESEXAMOS REUNIRNOS COAS AMISTADES.
- Para vérmonos persoalmente e darnos as apertas atrasadas.
- Para estar ó carón das que pasan por un mal momento.
- Para facer esa celebración pendiente.
- Para levar a cabo aquela viaxe tan ansiada.
- Para
DESEXAMOS PODER VIAXAR.
-Facer unha viaxe curta ou unha longa.
-Facer unha viaxe á comunidade do lado ou a outra distante.
-Facer unha viaxe por España ou unha viaxe ó extranxeiro.
-Facer unha viaxe para ve-lo mar ou unha para ir á montaña.
-Facer unha viaxe vacacional ou unha viaxe de noivos.
-Facer unha viaxe de traballo ou unha viaxe de ocio.
-Facer unha viaxe
TEMOS GANAS QUE VEÑAN TEMPOS MELLORES
Están chegando.
Xa falta menos.
¡XA FALTA MEEEEENOS
!
As persoas estamos cada vez máis concienciadas de que a máscara ben usada,axuda; as distancias regulamentarias e a hixiene, tamén.
Ata nos estamos inmunizando, pouquiño a pouco conforme van chegando as vacinas
O VERÁN ESTÁ Á VOTA DA ESQUINA E A TODOS NOS GUSTARÍA PODER DISFRUTALO.
Imos facer todo o que estea nas nosas mans.
A ver se dunha vez acertamos coa fórmula
Esto ten que cambiar porque esto non é vida.
ESTO NON É VIDA PORQUE:
-As criaturas precisan xogar nos parques, visitar á familia, formarse, relacionarse, facer excursións, coñecer mundo
-A adolescencia precisa "saír do cubil" porque as hormonas "ferven".
-A xuventude precisa realizar o seu plan de vida porque o tempo pasa e as oportunidades, tamén.
-Os adultos precisan levantar o país que está caendo a niveis moi baixos.
-A senectude precisa coidados, cariño e compañía para despedirse rodeada dos seus.
Tempos mellores son necesarios, pero hai que cultivalos.
"CULTIVANDO PROSPERIDADE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora