Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Andar sobre mollado/ Saúdos e despedidas

jueves, 15 de abril de 2021
Andar sobre mollado

Saín da casa e botei a andar. Ó andar pisei (ou trepei) sobre o chan mollado. Acababa de chover e de cando en vez aínda caía algunha que outra pinga de auga sobre a miña cabeza. Pero o paraugas non o abrín. No atallo vin a unha tartaruga (ou sapoconcho) facendo uns malabarismos que me fixeron pensar ó momento nas Pingas de Orballo: Andar sobre mollado/ Saúdos e despedidastartarugas ninjas cinematográficas. Hai cousas (ou accións) que se saen do común. E tamén como diría Rubén Blades: "a vida dáche sorpresas, sorpresas che dá a vida". Quen vai esperar a un sapoconcho facendo karate!
Seguín andando e pisando sobre a terra mollada. Por certo, cheiraba a terra mollada. Un bonito olor (ou ulido). Tamén me gusta ulir a herba seca segada. Hai aromas ou cheiros que ata case producen éxtase. O cheiro a café, o cheiro a coiro de certos aparellos agrícolas e o cheiro a cola. Sobre o cheiro a cola sempre tiven sorte: vivía en fronte do zapateiro e cada vez que usaba a cola para pegar (ou colar) unha sola era gloria bendita. Por veces púñame diante da súa porta esperando e esperando para sentirme coma un neno en Reis (ou na gloria).
Cando cheguei á cafetaría deixei de andar e de pisar sobre as baldosas molladas para levar a cabo, agora si, unha auténtica ascensión ó ceo (ou éxtase): a de non só cheirar o café, senón tamén a de tomar o propio café. Aquí a vida xa non me dá sorpresa ningunha. Aquí este feito (ou acontecemento) é diario e téñoo moi asumido, moi ben asumido. Dentro dun cacho percorrerei o camiño de volta e sobre o chan mollado. Porque segue pingando.

Saúdos e despedidas

Díxenlle deica mañá a un paisano porque cando saín do sitio no que estaba, fíxeno coa intención de non velo ata mañá. Claro que ó mellor mañá non o vexo. Pero non queda de máis unha amable e educada despedida. Xa teño confesado aquí que o saúdo (ou o que é o mesmo, tamén a despedida) non llo nego a ninguén. Aínda que ás veces Pingas de Orballo: Andar sobre mollado/ Saúdos e despedidassó sexa por cumprir. Despois, na realidade, igual hai algún que non merece saúdo nin despedida. Si, educado son, pero mono, non. As cousas claras.
Porque hai moitos que van pola vida coa cabeza demasiado alta, para, logo, torcer a cara. E algúns fano de tal maneira que, despois, hai o cabaleiro ou as tortícolis que hai. Eu non son máis honrado, non. Moi ben podo amosar cara de ferreiro. A cara de ferreiro adoito ensinala para presumir un pouco de tipo duro. Para disimular que non me dobrega ninguén. Aínda que, despois, na realidade, fagan de min un pandeiro.
Que quede entón o asunto ou a cousa nun termo medio: son un cacho de pan con, por veces, cara de ferreiro. É que se sorrío moito vénseme os dentes feos por culpa da auga da burga. Agora, a auga da burga de Baños de Molgas págaas todas. Pero como son amable e educado recoñezo que non ten culpa. Simplemente que certa hixiene nos anos 60 e 70 nunha familia labrega, algunhas veces brillaba pola súa ausencia. E non porque non houbese pasta de dentes, senón porque non había cartos para mercar a pasta dentífrica. Está visto que, sen cartos, non somos nada.
Agora si, moi amablemente e con educación: deica mañá, paisanos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES