Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre Isaac

miércoles, 14 de abril de 2021
Descúbrome diante de tres Isaac galegos: Rielo, investigador e escritor; Estraviz, autor dun diccionario galego e o inabarcable Isaac Díaz Pardo, da colleita de 1920, que este agosto cumpriría 101 anos pero morreu hai nove, deixándonos orfos.

Con 16 anos pintou vigorosos carteis a prol do Estatuto; con 16 anos asasinaron a seu pai, Camilo Diaz Baliño. Non puido estudar arquitectura e tivo que sobrevivir, exiliarse e loitar, e foi magnífico pintor, reiventándose na Arxentina deseñador, industrial e volto a Galicia, con Seoane, reviviu Sargadelos e O Castro para crear cerámicas galegas, museos, institutos ou editoriais patrióticas e unha rede de espazos especiais facendo patria e sendo o maior artista do século XX en Galicia.

Para que o seu centenario non pasara en silencio, ALENTO ESBRAVEXO creou o blog UNHA MANDA DE PEZAS PARA ISAAC onde, a peza por día, se publicaron narracións ou poemas, pinturas, cerámicas, grafitis, fotografías, músicas, colaxes, murais, bordados ou escaparates: 263 pezas que lembran este home inesquecible, que só vendía cadros cando precisaba fondos para impulsar Sargadelos, empresa que ao final perdeu porque o diñeiro non se leva ben coa arte nin coa historia, a sensibilidade e a entrega, nin coa estrela que os elixidos levan na fronte para avalar o cantar que lles sae do bico.

Os esbravexos – Pilar Sampedro, Heitor e Martiño Picallo, David Otero, Eva Liñeira, Maka Arca e Ana de Vilatuxe- dan por pechada a iniciativa, quedando en internet para a historia e para todos nós "mandadepezasparaisaac.blogspot.com", como proba do que Isaac significou para este país.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES