Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación de Lareira de Soños o Día do Libro en Vilalba

jueves, 15 de abril de 2021
O Instituto de Estudos Chairegos IESCHA, ten organizado coa colaboración do Concello de Vilalba a presentación do libro de Pastora Veres Lareira de soños o día 23 de abril DÍA DO LIBRO.

O acto será ás 19:30 na Casa da Cultura de Vilalba e nel intervirán Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, a escritora vilalbesa María Xosé Lamas que colaborou no libro e a autora, Pas Veres.

O acceso será libre até completar o aforo e será preciso inscribirse previamente no correo estudoscheiregos@gmail.com para respetar as medidas sanitarias das autoridades polo COVID-19.
Presentación de Lareira de Soños o Día do Libro en Vilalba
Lareira de soños é un traballo anteopolóxico realizado por Pastora Veres que conta tamén co documental Entrar aos Vilares de Cibrán Tenreiro que acompaña ao libro en dvd.

Editado por Edicións Fervenza co apoio do Concello de Guitiriz, a vice-presidencia da Deputación de Lugo, a secretaría Xeral de Política Lingüística e GADIS, e promovido pola Asociación Socio-Cultural Lareira de soños conta con 250 páxinas e170 fotografías froito dun traballo de investigación iniciado en 2014 (dedicatoria das letras galegas a Díaz Castro) por unha encomenda do poeta chairego Manuel María a Pas Veres na I Romaría Labrega da Chaira na inauguración dunha exposición fotigráfica.

Deste xeito o Instituto de Estudos Chairegos conmemora o DÍA DO LIBRO coa presentación na capital da Chaira dunha publicación que desenvolve os seus contidos na parroquia do poeta chairego Xosé María Díaz Castro.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES