Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Movida na cúpula!

lunes, 16 de junio de 2008
Falamos da cúpula da Igrexa católica. En España. (En Roma tamén abonda como a discutida visita de despedida de Buhs ao Papa e o anuncio (bulo!?) da súa conversión ao catolicismo, non confirmado nin desmentido. O que si debeu quedar resoando nas cúpulas de pedra do Vaticano foi a euforia (¡”que gran honor”! do xa próximo ex/presidente dos EE.UU).

Volvemos a España. En concreto, á movida da xerarquía católica, formada por todos los bispos diocesanos, arcebispos e cardeais que, xunto cos expertos e asesores (cregos e laicos) constitúen a CEE (a Conferencia Episcopal Española) co seu Comité Executivo, Comisión Permanente, Comisións específicas e Asembleas Plenarias. ¡Fai falla que se mova tamén na liña da súa fidelidade (de palabra/obra) ao Evanxeo e no servizo á Comunidade, sendo bos pastores das súas comunidades crstiás e dandotamén testemuño da súa ética e coherencia ante os non crentes.

Diso falou o Evanxeo do pasado domingo. Sobre todo da necesidade e urxencia que teñen as nosas comunidades de bos pastores. Ás veces, parece que están sendo actuais as verbas de Xesús ollando a multitude xa que “se conmoveu porque andaban maltreitas e derreadas coma ovellas sen pastor” Mandoulles “pedir a Deus braceiros para a súa seitura, escolle os seus discípulos e doulles poder (autoridade de servizo) sobre os espíritos para expulsalos e curar toda crase de doenzas e enfermidades” Indo de camiño, aínda máis:“Proclamade que está preto o Reino de Deus, curade enfermos, resucitade mortos, limpade gafos, botade demos. (¡Sí que se pode..e debe facer! )De balde recibistes; dádeo tamén de balde” (Mat., 9) ¡Unha clara e directa mensaxe!

Non somos nosoutros quen de xulgar (e menos condenar) a ninguén polos seus actos persoais e/ou mesmo colectivos. Cadaquén ten de responder dos seus. Pero si, como membros (homes e mulleres) da comunidade cristiá, polo bautismo somos todos/as co/responsables, con todos os dereitos e os deberes, da marcha da Igrexa. (Lembremos a vida das primeiras comunidades cristiás) Mesmo temos o mandato expreso do Señor e a conseguinte obriga de facelo.

Desde esas premisas, falamos. Somos moitos os cristiáns e cristiás que sufrimos (e nos doe no máis fondo do noso ser) o que está pasar e a se cociñar, de xeito escandaloso, dun tempo xa longo cara atrás (¡e agora mesmo!) con algunhas decisións e feitos da cúpula oficial máis visible (e en teoría, a máis responsable) da Igrexa en España. Non aparece, nin semella ter verdadeiros desexos de se mostrar autenticamente libre, limpa, transparente e independente, diante a sociedade española, tanto da católica coma das outras crenzas e mesmo culturas.

Nesta semana, cómpre clarificar posturas e temas sangrantes, demasiado enleados pola cúpula actual e que veñen de ser traspasados á Permanente, despois de recentes movidas públicas sen explicar e menos aínda xustificar. Non se poden deixar podrecer máis os transcendentais temas da liña/Cope, de tantos silencios inxustificados, dos abusos evidentes de autoridade, da falla de diálogo, das divisións internas acaladas, das prepotencias, dos servilismos....¡e outras!

Son feitos comprobados para quen os queira ver, con ollos de boa fe e de amor á Igrexa. Non fai falla remexer mais os trapos sucios. Todos vostedes saben ben do que falamos. E tamén o saben (sabemos) todos e todas os/as que se preocupan polo bo exemplo que debe manifestar a nosa Igrexa. E, por favor, escoiten algo ao pobo. ¡De verdade!. Terían evitado moito mal e mesmo bastantes dos escándalos e desercións que padece a nosa Igrexa neste noso País.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES