Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Non chores por min, Balbina

miércoles, 14 de abril de 2021
Non chores por min, Balbina. Pero Balbina chora os catro chorares, porque tres parécenlle poucos. Balbina chora tanto, que chora nos ríos e estes desbordan, chora nas lagoas e estas reverten e chora nos mares e estes rebentan. Balbina chora por min. Pingas de Orballo: Non chores por min, BalbinaPorque pensa que marcho. E eu levo practicamente toda a vida sen me mover do sitio. Balbina é a filla máis nova da Dionisia, a neta da Minisaia. Semella que a súa avoa foi a primeira en usar a minisaia antes da Guerra Civil, aínda que agora quérennos vender que esa prenda apareceu nos anos 60. Balbina chora por min, e eu son o fillo do Esclerósis. Nunca ninguén me chamou Emiliano. Sempre o fillo do Esclerósis. Nin tan sequera o fillo da Inclusa, que é miña nai.
Non chores por min, Balbina. Pero Balbina chora xa moito máis alá dunha ducia de treboadas. Chora de tal maneira que non hai roupa que lle chupa tantas bágoas, nin almofía que as acolla ou que as reciba; esta desborda xa con tan só dous chorares. Balbina quéreme moito e pensa que me vou. Pero eu non me movo, nunca me movín de onde estou. E aínda que pareza mentira, houbo un instante no que Balbina deixou de chorar e miroume ós ollos con bastante intensidade. Non obstante, pouco viu; porque axiña se lle esbagoaron de novo ante a tristura da miña presunta partida. Mais eu nunca pensarei en partir. Para onde vou ir, pobre de min! Así é que lle pido unha vez máis a Balbina que non chore por min. Non me fai caso, claro; ela sen chorar non sería feliz.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES