Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O refuxio dos ineptos

lunes, 12 de abril de 2021
O refuxio dos ineptos Cada vez estou máis convencido de que o mundo é o refuxio dos ineptos, porque din que "a violencia é o derradeiro refuxio do incompetente". A violencia, aínda que nos pese, está á orde do día. E tanto. Que repasando a prensa da semana que nos deixou, non houbo un día en que non asomasen actos violentos e algúns incluso moi violentos. E vou deixar de lado esa violencia diaria que nos arrodea, ou sexa, un maltrato aquí ou un asasinato alá; as violencias de xénero, as violacións, etc. Falarei desas novas nas que a violencia se amosa de forma salvaxe e coa conciencia de moitos completamente cega. Certo que, hoxe en día, quen ten conciencia?

Creo que xa van máis de 600 civís mortos nas represións en Myanmar, a que antes coñeciamos como Birmania. Tamén mortos e máis mortos en Darfur, unha rexión ó oeste de Sudán, onde por culpa desas represións hai case 200.000 desprazados desde o mes de xaneiro. Eses desprazamentos é outra forma, outra clase de violencia. Ata aquí, en España, nun campamento de Tenerife, houbo violencia nos enfrontamentos entre inmigrantes, con varios feridos graves.

Violencia no país das armas. Normal; en Estados Unidos ata pode facer uso delas un neno de cinco anos. Menos mal que, agora, Joe Biden xa empeza a recoñecer que a violencia armada no seu país é "unha vergonza internacional". Lóxico. Con todas as matanzas que teñen. A última levouse a cabo hai uns días en Carolina do Sur. Cinco mortos.

Violencia en Irlanda do Norte con autobuses, coches e contedores esnaquizados ou en lapas e con case 60 policías feridos. Violencia en Mozambique con 12 estranxeiros decapitados. Posible futura violencia a causa da tensión entre Rusia e Ucraína.

Violencia con armas químicas ou con armas convencionais. Violencia con sacos e machadas. Violencia con coitelos de matar os porcos e con olladas. Violencia nos xestos e nas palabras que cuspimos cando se nos altera o sangue. Violencia na simple acción dun "quítame alá esa palla", ou sexa, por calquera carallada. Levamos a violencia dentro de nós e non sabemos ou non queremos retela. Máis ben non queremos. Porque saber sabemos que é mala e, non obstante, deixamos que estoure, que explote para que faga canto máis dano mellor. Violencia nas conciencias porque non temos sentidiño.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES