Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baile de máscaras

lunes, 12 de abril de 2021
Agás no rural profundo, a mascariña é Lei, e quen non a use incurre en falta, podendo ser chamado á orde pola autoridade e reprendido por calquera.

Que lonxe o tempo no que se viamos unha mascariña ou era un cirurxán ou un turista oriental protexido de ameazas das que os occidentais non sabíamos nin temíamos. Pois de Oriente veu o problema, e se alí estaban preparados para algo así, nós non o estamos nin un ano despois, sabendo tan só que o contaxio se transmite polo aire, e que as autoridades foron facéndose algo máis competentes cada vez, dispoñendo normas según ían sabendo o que pasaba.

Seguen os medios contando puntualmente avances ou retrocesos do virus en cada concello, comunidade ou estado, e cada semana os expertos abren ou pechan invisibles portas que permiten que nos asomemos ao exterior ou nos conformemos só con respirar; disfrutemos cando os bares abren aínda que sexan unhas horas, e case cheguemos a ignorar que existe un toque de queda diario, e cambiemos de hora sen cambiar de peche, co perigo de aceptar como normal a situación máis anormal que pode existir. O último que soubemos, coidando inicialmente ser unha broma por relacionalo cos capuchóns de Semana Santa, é que imos ver con mascariña aos que toman o sol ou aos bañistas.

Xa nin se cavila nese futuro no que as fábricas de mascariñas seguirán activas pero necesitaremos moitas máis industrias. E só consola pensar que nós, tan imprevisibles, aínda somos recuperables se algún día esquecemos a mascariña e saímos da casa sen ela. Se podemos esquecernos da mascariña, e a min pásame ás veces, é que aínda temos futuro.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES