Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ciencia en feminino

jueves, 08 de abril de 2021
Guitiriz está a festexar a Jimena Fernández de la Vega e Lombán recoñecida pola Academia Galega de Ciencias coma científica do 2021. Nacida en Vegadeo (1895-1984), traballou de médica no Balneario de Guitiriz e foi unha grande investigadora en xenética e tamén na aplicación das augas medicinais na saúde. Xermolos está a reivindicar a visibilización das mulleres no universo das ciencias mesmo remarcando a loita da doutora Ximena para poder estudar mediciña, convertendose xunto coa súa irmá xemelga nas primeiras en licenciarse na facultade de Santiago, servindose de moitas artimañas, sendo pioneiras facendo o bacharelato en Lugo nun ensino non oficial, pero con premio, algo pouco valorado por ser mulleres.

En todos os niveis de ensino sofriron a ignominia de compañeiros e mesmo dalgún profe, pero demostraron unha forte intelixencia non só nos expedientes, tamén na fachenda coa que progresaban na súa especialidade, deixando boquiabertos aos pechados no machismo.

Imos ter obradoiros, conferencias de profesionais e investigadoras desta comarca e mesmo unha sección do XLII Certame Terra Chá a prol da igoaldade e a promoción da muller e a nena na ciencia, despois de partillar coma ensinante a paixón coa que desfrutan cos seus achados dende os primeiros números.

E sen arredarnos da contorna do balneario vimos recoñecendo coma en todos os eidos da poboación abrollan vocacións científicas, así celebramos dende o 2007 o Premio María X. Wonenburger Planells instituido pola Xunta para recoñecer as mulleres entre nós máis salientables nas ciencias e na tecnoloxía. Natural do Oleiros das Mariñas (1927-2014), veraneaba coma tantas familias de A Coruña e arredores nesta vila balnearia, e moi nova impactou a esta veciñanza polo seu afán de rivalidar cos seus colegas correndo e pedaleando ata a Cova da Serpe e outras rotas, e tamén contaxiandolles do seu afán por vivir as matemáticas coma unha diversión, e así loitou contra o machismo dominante na xeneralidade da poboación, deslumbrando cunha traxectoria meteórica neste saber, estudando na universidade de Madrid e doutorandose en EE.UU e Canadá, onde foi profesora, pois aquí non lle daban convalidado o título, minusvalorando o seu saber por ser muller e sofrindo as trabas da insensibilidade das institucións cara o talento feminino, a pesares de ser un fito senlleiro na álxebra a nivel mundial.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES