Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xente unida

jueves, 08 de abril de 2021
Quen non se atopou só nun momento de apuro?
Seguramente que todos nos vimos apurados algunha vez.
¡Que sorte cando aparece alguén para axudarnos!
E xuntos saímos do atranco porque: "a unión fai a forza"

-¡QUE SORTE NACER E MEDRAR NUNHA FAMILIA UNIDA!
Neste tipo de familas reina a paz.
Non é que non teñan problemas, téñenos como todos; pero contan coa axuda mutua dos seus membros.

Uns descansan nos outros. Non se senten sós ante o perigo.
Hai motas familias que se manteñen unidas pase o que pase.
O amor que reina neses fogares lima todo tipo de asperezas.
Son familias que souberon plantexarse un plan de vida desde o primeiro día e ségueno mantendo.
Son familias exemplares.
Son familias estables.
Son as familia que precisa a sociedade actual.

-¡QUE SORTE VIVIR NUN RUEIRO UNIDO!
Un bo veciño é mellor que un parente lonxe.
No medio rural aínda se conservan moitos destes rueiros.
Hai tanta confianza que: todo é de todos.
¡Unha maravilla!
Esto forma parte da calidade de vida.

¡QUE SORTE TEÑEN AS ALDEAS UNIDAS!
Antigamente uníanse para os labores do campo porque emparzaban nas segas, nas mallas, nas prantacións, nas colleitas….
Hoxe en día a unión non é tan intensa; pero aínda así:
-Únense, para unha traída de auga.
-Únense para manter limpo o campo santo.
-Únense para celebrar a festa patronal.
-Únense para organizar o entroido, o magosto e outras...

NA NOSA GALICIA, A PARROQUIA TEN ENTIDADE PROPIA.
Os cregos son as únicas forzas vivas que quedan no medio rural.
TEÑEN A SÚA IMPORTANCIA E CUMPREN UNHA BOA MISIÓN PARA UNIR E REUNIR Á FREGRESÍA:
-En torno á mesa do altar, convocados polo mesmo Xesús representado na persoa do crego e os seus colaboradores.
-Para celebrar o culto.
-Para despedir a un defunto.
-Para sentirse membros dunha comunidade.
-Para falar co vecindario.
-Para interesarse uns polos outros.
-Para convivir.
-Para comunicarse mutuamente.
-Para facer vida social.
-Para alimentar a fe, sobre todo.
-Para…

Hai parroquias no medio rural que xa non gozan destes servizos.
Sábeno ben as que se quedaron sen celebración dominical.
Noutros tempos tamén había escolas; pero pecháronse.
Os Mestres eran un bo piar que facían moitos servizos á comunidade, ademais do propio ensino.
O peche das escolasrurais favorece o despoboamento do rural.
Non somos coscientes do que estamos a perder.

A outros niveis, en comunidades maiores, as relacións son estrictamente burocráticas para ter uns servizos que pagamos a través de impostos.
As relacións humanas perden peso porque priman os intereses económicos por encima de todo.

Estes "interese creados" desfavorecen a unión entre as diversas forzas que rixen os destinos dos países e uns polos outros: "a casa sen varrer".

Sería moi aconsellable que nos mantivéramos unidos no que nos afecta a todos para poder organizarnos encamiñados ó ben común para favorecer o progreso e a prosperidade.
Precisamos cambiar de rumbo porque tempos mellores son posibles.

"TEMPOS MELLORES"

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES