Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Díxolle a nena (2)

viernes, 16 de abril de 2021
"A PANDEIRETA DE SEIS AZAS" III

A POESÍA EN GALEGO DE FRANCISCO DE FIENTOSA

III
Díxolle a nena:
-Vaites mar,
¡quen poidera collerte
na cunquiña da man!

E na tona da auga
o mar a rir:
-Unha bágoa cativa
é meirande qu'a min!

SEGUNDA SEGUIDILLA
Cando o mar oe o que lle di a nena, non lle queda outra alternativa máis que botarse a rir:
"E na tona da auga
o mar a rir;"

mais esa risa tampouco é unha risa á gargallada, nin é unha risa calquera, é unha risa que forma parte doutra metáfora na que o mar, en pequenas ondas brancas, ensinando os seus dentes de auga (brancura na rompente) e os seus labios de ondas, sitúase fronte á nena para contestarlle á súa sabia ironía e, a esa pregunta que soamente se lle ocorre a un neno, pero que son preguntas cheas dunha grande filosofía e enxeño. A todo isto, contéstalle o mar:
"-Unha bágoa cativa
é meirande qu´a min".

Volvemos á oposición:
Bágoa / mar

Onde está a filosofía que nos quere ensinar o mar na súa grandeza? Por que esta ocorrencia do mar? Penso que a solución é ben sinxela, pois, aínda que o mar sexa dador de vida, carece de sentimentos e, unha simple bágoa leva consigo unha situación sentimental de ledicia ou de tristura, aínda que a bágoa sexa cativa, e isto o mar, a pesar de ser presentado como un ser antropomórfico, é incapaz de facelo, mais a nena, moito máis pequena ca o mar, ten a posibilidade de emocionarse e apaixonarse diante de múltiples circunstancias, situacións e avatares vivenciais; de aí que o mar estanos a falar de que a súa grandura non vale nada comparado coa grandeza da nena, que é capaz de ter sentimentos e emocións como, sen ir máis lonxe, a de poder percibir a beleza desta poesía ou a de pingar unha bágoa de emotividade por unha situación chea de xúbilo ou despois da vivencia dunha mágoa.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania