Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O Bosque / A pataca verde

viernes, 09 de abril de 2021
O Bosque

Por unha vez, e sen que sirva de precedente, non me deteño na terraza dunha cafetaría a tomar café e deixo que os pasos me leven ata o bosque que hai xusto un pouco antes de chegar a esa lagoa chea de ilusións que están aí precisamente para que goce con todos os anhelos que me ofrece esa ansia que me escaravella por dentro. Cando chego ó bosque o primeiro que noto é a humidade que reina dentro del. O bosque cheira a Pingas de Orballo: O Bosque / A pataca verdehúmido. E nel sei que aniña o desexo dese animal que levamos dentro. A espesura do bosque abriga eses versos que se escribiron en silencio e que saen espallados dos recantos da memoria. A espesura dá calor. O bosque está moi quente e o desexo do animal ferve.
Sento ó lado dun carballo vello, contemplo o voar das bolboretas e escoito as melodías das rulas. O cheiro a humidade empeza a ser agradable; ten o seu aquel que penetra con gusto e con ansia nas entrañas, na miña intimidade. Cando canso de estar sentado boto a correr por entre a maraña de flores e plantas e herbas e toxos e xestas e árbores ata que a ansiedade pouco a pouco acouga nos suspiros do tempo, do meu tempo. Os meus saloucos.
O bosque envolve as miñas aspiracións, o meu afán e enreda nas circunstancias que me levaron a el e non a unha terraza. Na escuridade hai luz divina e na humidade esvara o aparato reprodutor das ansiedades que levan secas desde hai moito tempo. O bosque é o colchón no que me tumbo para soñar que non todo é deserto nesta existencia calada; que o tempo, cando corre, ás veces, faino para ben. Pecho os ollos e espállome polo bosque da salvación, da miña salvación.

A pataca verde

Mirei para a pataca verde. Non estaba soa. Á súa beira había moitas patacas verdes. Todas elas fixéronme pensar naqueles tempos nos que se botaban á man as leiras máis grandes. Quixen dicir leiras enormes, pero en Galicia, na contorna de Baños Pingas de Orballo: O Bosque / A pataca verdede Molgas e de Castrelo de Miño, o minifundismo era e aínda é o rei e señor da miseria agrícola. O daqueles tempos si que é un dicir, pois mesmamente onte, este labrego andou botando patacas co sacho. Aclarar tamén que, onde as botei, en Macendo, ó sacho chámanlle peta e ó que eu lle chamo aixada, eles si lle chaman sacho. Como son eu quen escribo, queda en sacho... e non ten máis volta.
Sigo mirando a pataca verde que atopo nunha finca da Valenzá, xusto ó rematar o atallo da Finca Fierro, e, véndoa, é bonita de carallo. Pero se deixo remexer un pouco ó pensamento, tal fermosura empeza a esvaecer ante o traballo que dá para poñela e vela, máis tarde, verde. Non, non especifico aquí os pasos que se levan a cabo ata o momento actual porque, máis ou menos, sabémolo todos. Aínda que é certo que, algúns ou incluso unha boa cantidade de xente, non saben moi ben o que é un sacho, polo que moito menos saberán que hai que facer para sementar unha pataca e conseguir que chegue a verde, a semellar fermosa.
A pataca verde é certo que está aí e que é bonita. Pero atrás deixou suor e case bágoas. Deixou dores nos riles e nos brazos. E deixou tamén unha frase para a eternidade: que Dio-las aumente. En plural porque, lembrade, á beira había varias patacas verdes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES