Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

‘Khalil’. Un libro de Yasmina Khadra

viernes, 09 de abril de 2021
Yasmina Kadra éche o seudónimo que Mohammed Moulessehoul usaba en Argelia para poder escribir mentres o país sangraba pola ferida da guerra civil entre o FLN (Frente de Liberación Nacional contra o colonialismo francés) e o FIS islamista (Frente Islámico de Salvación). Máis tarde, en Francia poderá escribir libremente da corrupción gubernamental, do paro, do fanatismo islamista, a ausencia de libertades, o terrorismo, a represión.

Todas esas pulsións laten na súa obra mentres a revolución socialista e o fanatismo islámico asolagaban o país nunha lameira de corrupción e violencia. Agora felizmente escritor, novelista recoñecido. 'Las golondrinas de Kabul', 'Las sirenas de Bagdad', 'Los ángeles mueren por nuestras heridas', 'Trilogía de Argel'.

A súa última novela aínda ole a tinta recente: "Khalil", ou a historia dun rapaz de orixe marroquí que vive en Bélxica. O personaxe ficticio está ancorado en feitos reais, tráxicos, ben coñecidos. Mostra dúas sociedades que viven de costas, civilizacións incapaces de dialogar, de comprenderse, espazos estancos onde medra o horror e o terrorismo. Nomes e lugares pertencen á memoria máis recente, á xeografía do espanto: as explosións no metro, a masacre da sala de festas Bataclán, o populoso barrio de Molenbeek, con case 80.000 habitantes, primeiro traballadores belgas, despois emigrantes italianos e españois, agora musulmáns. Os rexeitados pola sociedade acaban como carne de canón dos credos do odio.

Non é libro para gozar. Khalil éche un personaxe duro, complexo. Páxina a páxina seguimos os pasos dun 'mártir', camiño da inmolación. Mentres conta, en primeira persoa as súas reflexións, as dúbidas que alfombran o camiño do inferno, da destrución, da morte. A deriva deste rapaz cara da fanatizacion resulta xeadora, apaixonante. Ou o paso do humano ao inhumano dunha marioneta manexada por escuros intereses.

Historias tan humanas, tan afastadas, tan cercanas onde a vida convive coa corrupción do poder, co terror do fanatismo relixioso. O deambular de Khalil entre a vida e a morte tropeza coas dúbidas en dogmas sombríos, aqueles que facían reflexionar ao escritor francolibanés Amin Maalouf. 'A miúdo penso se as relixións non son inventos dos homes para ocultar o verdadeiro rostro de Deus'.

E ademais, Yasmina Khadra escribe ben, asombrosamente ben. "Khalil".
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES