Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación do libro 'Lareira de Soños' na Coruña

martes, 06 de abril de 2021
Presentación en Portas Ártabras/Asociación de amigos dos museos (rúa Sinagoga, 22) na Cidade Vella da Coruña do libro Lareira de soños de Pastora Veres o próximo xoves día 8 de abril ás 20:00 horas.

No acto intervirán Felipe Senén, historiador e museólogo, presidente da Asociación de amigos dos Museos e a autora do libro, Pastora Veres.

Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares onde temos as primeiras emocións, sensacións e experiencias universais únicas, sitios cos que temos unha conexión emocional profunda e as nosas raíces inalterables.

Lareira de soños son as historias cotiás dun pequeno mundo da Terra Chá galega. Historias de persoas fundidas coa terra e na terra, coma as herbas dos prados nos que paceron os seus animais. Son momentos percorridos polas vidas deste pequeno universo chairego, que teñen en común con outras vidas doutros lugares do mundo, as angueiras e as calamidades coas que afirman que a vida é traballo e loita.

Son tamén relatos sobre a existencia das persoas máis novas, que viven aquí ou marcharon porque quixeron descubrir algo novo e non seguiron os pasos dos seus pais nin dos seus avós, aínda que a terra lles siga amarrada á pel.

Lareira de soños/ficha:
. Autora: Pastora Veres
. Autores DVD: Cibrán Tenreiro, Xocobe González e Toni González
. Dimensións: 22 x 24 cm.
. ISBN: 978-84-18136-22-1
. Nº de páxinas: 250

Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares onde temos as primeiras emocións, sensacións e experiencias universais únicas, sitios cos que temos unha conexión emocional profunda.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania