Vendo 'The crown'
Santalla, Iago - miércoles, 14 de abril de 2021
Vendo "The crown" un pode entender, aínda non sendo monárquico, que todas as monarquías non son iguais. Algunhas forxan de aceiro o seu vínculo emocional co pobo e saben que teñen que estar con el nos momentos críticos.
Claro está, isto apréndese a forza de erros e os Windsor cometéronos, destacando entre eles a traxedia de Aberfan: unha gran traxedia onde 144 persoas perderon a vida debido a un desprendemento sendo a maioría nenos. Chegou tarde, si, pero chegou e co tempo a propia Isabel II recoñece o erro.
Vendo "The crown" un pode ver algunhas diferencias entre os Windsor e os nosos. Se eu fora monárquico aconsellaríalles transparencia, humildade, neutralidade e, sobre todo estar preto do pobo porque da sintonía co pobo depende o seu futuro...
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora