Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A pascua pola penitencia?

miércoles, 07 de abril de 2021
Escribo isto o luns de semana santa para ser publicado despois de vacacións. Polo tanto, corro un risco: equivocarme e teño un desexo: equivocarme. Desde a perspectiva de hoxe, teño a sensación de que a semana santa non vai traer nada ventureiro no referente á crise do covid e, como xa foi no nadal, penso que a imos pagar cara. Obviamente, non teño dúbida de que non vai a haber ningún responsable aínda que todos temos televisión e todos sabemos de xeografía. Polo tanto, podemos ubicar as imaxes que veremos en distintos medios. A partir de aí, cada un que pense o que queira e que actúe como lle pete como ten que ser nunha democracia.

O caso é que, a día de hoxe, parece inexorable a chegada da tan temida 4ª onda. Sobre todo porque non estamos facendo nada por evitala e estamos indo en dirección contraria ás indicacións sanitarias. Neste sentido, a día de hoxe, podemos dicir obxectivamente que se produciron escenas de desfase e descontrol que van en contra de todas as restricións sanitarias. Insisto é luns e aínda quedan 3 días para os días grandes.

Cando este artigo se publique aínda non saberemos se cambiamos a pascua pola penitencia ou abriremos un tempo novo cara pentecostes. A cousa non convida a ser optimista...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES