Vivir en liberdade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 01 de abril de 2021
Hoxe é Xoves Santo do ano 2021: un día moi especial para todos; especialmente para os cristiáns que celebramos a institución da Eucaristía na Última Cea.
Tamén é o "dia do Amor Fraterno"
En resume: un día moi especial para todos.
Un Xoves Santo que será máis ou menos como o do ano anterior: os "crucificados" e as "dolorosas" estarán nas súas casas uns, e nos seus lugares de traballo, outros.
Non sei porque me parece que o ocio, tal como o entendemos, vai estar máis ou menos restrinxido.
Vai ser un día no que a liberdade de movementos se verá restrinxida por imperativo legal debido ós efectos contraproducentes derivados da pandemia.
Todos ansiamos vivir con liberdade de movementos, poder saír da casa, visitar familares e amigos, disfrutar do ocio que nos temos merecido; pero
-SERÁ BO MOMENTO para reflexionar na situación na que se atopan moitas persoas non só privadas de liberdade de movementos, senón tamén do necesario para vivir.
-SERÁ BO MOMENTO acordarnos de tantas e tantas persoas enfermas que sofren a súa enfermidade en silencio sen poder recibir visitas, ser ter que as console, sen ter unha persoa amiga que as escoite
-SERÁ BO MOMENTO para pensar en tantas persoas que sofren a soidade porque a vida as golpea con mota intensidade. Quizais poidamos ofrecerlles alguna axuda e os crentes tamén podemos rezar por elas
-SERÁ BO MOMENTO para agradecer a saúde física, mental e espiritual da que disfrutamos moitos, porque: a pandemia está pasando factura psicolóxica non só a maiores, senón tamén a unha parte da xuventude que ten problemas importantes para gañarse a vida e para emanciparse como lle corresponde á súa idade.
-SERÁ BO MOMENTO para disfrutar coa liberdade que se nos permita en cada momento para aproveitar canto máis se poida estes tempos que nos toca vivir.
-SERÁ BO MOMENTO para sentirnos libres internamente, para pensar o que consideremos oportuno, para facer o que debamos e nos estea permitido e para que a felicidade reine nas nosas vidas.
-SERÁ BO MOMENTO para ir preparándonos para cando nos dean liberdade como a que tiñamos antes de vir o Coronavirus.
PODEMOS E DEBEMOS FACER PROXECTOS para mante-la ilusión de que sairemos desta con dignidade.
Do mesmo xeito que tivemos que ir adapándonos a esta nova realidade, tamén teremos que retoma-la vida normal progresivamente.
Pouquiño a pouco como cando imos camiñando por áreas movedizas, con moito sentidiño de non afundirnos no fango da vida.
-Quizais non volva a ser como antes.
-Quizais teñamos que cambiar moitos hábitos.
-Quizais nos coste adaptarnos a un futuro bastante incerto.
-Quizais teñamos que recuperar os valores do sacrificio, do esforzo e do tesón.
-Quizais teñamos que administrarnos mellor
-Quizais debamos ser máis considerados coa nai natureza, cos que nos rodean e con nós mesmos.
Pero sacaremos o mellor de nós e recordaremos que a mellor fórmula para saír do bache é "O MANDATO DE AMOR FRATERNO"
Porque esta fómula universal: é válida para tódals latitudes, para tódolos tempos e para tódalas razas. É válida en todo lugar e circunstancia.
Nesta ocasión, todos imos sentir a necesidade de todos, todos nos veremos obrigados a compartir: tempo, compañía, axuda, calor humano...
CANDO PRACTIQUEMOS O AMOR FRATERNO SERÁ UNHA FESTA PARA TODOS.
¡Que maravilla ver a xente unida!
"XENTE UNIDA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora