Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O profundo

jueves, 01 de abril de 2021
O profundo
Son o fillo da Troiteira. Non sei por que lle chaman A Troiteira a miña nai. Ela sempre me confesou que non lle gusta a pesca nin os peixes. Ela é de porcos e pitas. Ela tan só coñece as canas de bambú porque, ás veces, úsaas para guiar ben algunha planta ou os chícharos. A xente das aldeas éche moi retorcida, díxome máis dunha vez. Pingas de Orballo: O profundoComa nós?, pregúntolle. Porque ti ben que lle chamas Escornabois a Lucino, o home da Sambesuga. Ante este razoamento queda caladiña.
Eu, ás veces, razoo ben e profundo. Os meus razoamentos están moi ben pensados e con moita calma. De aí que me chamen precisamente O Profundo. A min, sinceramente, éncheme de orgullo ese alcume. Porque eu ben sei que mo chaman porque penso ben as cousas e con moita parsimonia. Peor sería que me chamaran O Paspán, por iso da lentitude; no falar e no pensar.
Tamén son o fillo do Tarabelo. E tampouco sabemos por que lle chaman así a meu pai. Cando el, na realidade, é máis calado ca min e moito máis profundo. Tan profundo que creo que non pensa, e de aí que non diga case nunca nada. Certo, somos unha familia orixinal, pero moi felices os tres. Si, non teño irmáns. Ó mellor tamén é por isto polo que penso tan profundamente... que como non tiven nin teño con quen falar moito, é polo que me dedico a pensar. Mirade se penso tan profundamente que vexo unha rosa e fago un xardín, ou sinto caer unha pinga de orballo e xa formei unha lagoa. Veña, O Profundo despídese con profundidade. Pero sen que se me afogue ninguén.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES