Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O andar / Por amor a España

miércoles, 31 de marzo de 2021
O andar
Cando cansei de escribir no ordenador, erguín da cadeira de madeira na que estaba sentado e recordo que botei primeiro o pé esquerdo e que puxen, case ó momento, a andar ó pé dereito. Foi aí cando caín na conta de que sabía andar. Non é broma. Ás veces non é tan fácil andar. E non me meto no de non saber andar pola vida, Pingas de Orballo: O andar / Por amor a Españaque isto si que xa é moito máis complicado. Falo simplemente de saber dar pasos. Por veces incluso formo unha pequena guerra no meu interior porque, xa ó principio, non sei se iniciar os pasos co pé esquerdo ou co pé dereito. Recoñezo que algunhas veces sálvame o das ideas políticas; que como non son das dereitas (tampouco vou de morte coas esquerdas, vale?), procuro empezar o andar coa perna zurda.
Iniciado xa o trámite da andaina, dáseme por pensar nos mecanismos que nos impulsan a mover as pernas ou os pés. Que nervio manda a quen. Que idea ordena. Que pensamento impulsa. Por que non andamos patas arriba; ou sexa, "facendo o pino"? Estas cavilacións entretéñenme abondo, ata que volvo caer na conta de que lle imprimín velocidade ó andar. Por que ando tan ás presas? Cal foi o nervio, ou o músculo, ou a acción, ou o recurso que lle imprimiu velocidade ó meu andar? As dúbidas empezan a furgarme nas entrañas. Aínda que isto semelle unha parvada, non é tal. Non é tan fácil dicir que andamos por andar, porque temos que andar e punto. E no momento en que non sei xa por que motivo me botei a correr durante uns metros, aí xa me puxen tan nervioso que optei por desconectar e poñer toda a atención na música que penetraba polos auriculares.

Por amor a España
Ás tres e vinte e cinco da tarde do domingo de Ramos sigo pensando que parece mentira que logo dun ano de pandemia aínda existan moitos lugares nos que non hai cobertura nos móbiles. E vendo que agora, precisamente agora, é máis necesaria ca nunca. Menos mal que o tema de amor que don Ennio Morricone compuxo para "Cinema Paradiso" fai que non me deixe pensar tanto.
Tres minutos máis tarde da hora anunciada xa non me parece tan estraño que Toni Cantó pasase por catro siglas políticas en tan só catorce anos. E non me parece estraño porque, como é actor, pois intenta cambiar de personaxes para sacarlle más rédito, Pingas de Orballo: O andar / Por amor a Españaeconomicamente falando. Cambia de chaqueta coma os seus personaxes. E ó secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, débenlle gustar as súas actuacións porque confesa que o paso das persoas doutros partidos ó PP é por amor a España e non por transfuguismo. Será. Pobres infelices! E nós, como somos parvos, chupámonos o dedo. Agora é Serrat con "Princesa" quen me salva da carraxe. Porque hai novas que dan carraxe, incluso neste domingo de Ramos. Un día no que as follas de loureiro, as gallas de loureiro case brillaron pola súa ausencia. As circunstancias son as que son.
Ás catro menos vinte da tarde, é dicir, quince minutos máis tarde da primeira liña do primeiro parágrafo, a tarde está coma para botarse a andar, baixo un sol esplendoroso e primaveral. Vaia, case me saíu algo poético o comentario. Será porque a primavera o sangue altera ou as rosas namoran a calquera hora? Aí queda a interrogación.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES