Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartas a unha lectora, a un lector (IX)

jueves, 01 de abril de 2021
Lois Diéguez (de Monforte) escribe a mensaxe do 2016. Nela reivindica mirar as estrelas. Ler nese firmamento, no que semella que Manuel María se converteu nunha estrela de cor vermella, que acompaña á azul Venus. Di que se a miras intensamente saen dela páxinas de letras que contan os segredos que ninguén sabía descifrar.

Manuel Veiga, tamén de Monforte, faino no 2013. Conta como "arredor de 1970, o Ministerio de Educación y Ciencia destinou á Escola de Diomondi (O Saviñao), na que eu estudaba, un lote de 140 libros e ao ano seguinte volveu destinar, á mesma escola, outro lote, esta vez de 400 libros. Podía ter sido un televisor, como lle tocou a outras escolas, pero á de Diomondi tocáronlle dous lotes consecutivos de libros. En total, máis de 500 títulos diferentes. Iso cambiou a miña vida. E non só a cambiou: esa biblioteca foi e será para sempre parte da miña vida. Podo vela agora mesmo cos ollos pechados e podo ver aínda o lugar que ocupa case cada libro. Por suposto, lembro os seus cheiros diferentes e podería dicirvos os títulos, non de todos, pero si de bastantes dos libros que había alí e que eu lin, en longas tardes de chuvia e tamén en días de sol e sesta, sobre unha manta, baixo os carballos." Entre todos eles, algúns de adultos e só un en galego: Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Remata dicindo que aquela biblioteca foi para sempre o seu tesouro ao ampliar a súa mirada, xunto coa fala que recolleu dos labregos e que agora usa.

Pódese vivir sen libros, pero vivir con eles amplía a mirada. Pódense ler os libros de papel ou nas pantallas, pero tamén podemos ler no gran libro do universo, no firmamento, na natureza.

Nunca seremos capaces de analizar a influencia dos escritores/as sobre a recepción das súas obras, o seu predicamento nos lugares onde viviron, sobre aqueles aos que un verso, unha frase ou un personaxe lle tocaron coma pluma na alma. Podemos aproximarnos, podemos preguntar en Monforte pola pegada de Manuel María máis alá dunha escultura de baixa calidade ou de algo que foi a súa libraría, hoxe tenda de calquera cousa. Os roteiros literarios queren achegarse a iso, a camiñar con eles (coas súas palabras) polas mesmas sendas que eles andaron, pero falta que a veciñanza sinta orgullo dos seus e queira saber deles, aproximándose á súa obra.

Tampouco imos saber o que fixeron as escolas no seu día a día. A consecuencia daquelas lecturas que a mestra realizaba en voz alta. Unha amiga conta como a mellor experiencia da súa vida profesional lla trouxo a lectura que lles facía á primeira hora da tarde de Tres pájaros de cuenta, de Delibes. Non se durmían, non, recoñecían os animais dos que falaba o libro, e atendían ás palabras sabias. Ela puido ver como, cando a crían despistada, ían miralo por ver se eran de verdade ou non aquelas historias. Algunha nai preguntoulle polo título porque o seu rapaz queríao e, segundo lle dixo a quiosqueira, varios se apuntaran a un álbum de cromos de natureza que por aqueles días aparecera no mercado.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES