Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser diferentes para sermos existentes

lunes, 29 de marzo de 2021
O pasado día 22 celebrouse no Parlamento de Galicia o acto de entrega da XXVII edición dos premios de pùblicidade en galego que anualmente convocan o propio Parlamento, Secretaría Xeral de Política Lingüística e Foro E. Peinador do que son presidente. O obxectivo destes premios é premiar ás empresas e axencias de comunicación polo uso da lingua galega nas mensaxes publicitarias en todos os formatos habituais (prensa, radio, televisión e internet).

Na quenda das intervencións escoitáronse acaídas reflexións dos empresarios e dos creativos premiados. Un ano máis comprobamos como o discurso do galeguismo empresarial vai prendendo en dirixentes empresariais mudando comportamentos que ata hai ben pouco non eran habituais. A miña intervención incidíu, como veño facendo sempre, na validez da lingua galega para o discurso publicitario, apelando ao número de consumidores que falan e entenden o noso idioma, pero recoñecendoque aínda queda moito que facer para escorrentar os prexuízos que converten en excepcional o que tiña que ser normal.

Desde que entraron no mercado galego licores procedentes de Francia, Italia, Inglaterra, Alemania… e outros paises do ámbito europeo os galegos consumímolos aínda que os textos das etiquetaxes se faga en cadanseu idioma de oríxe. Podémolos atopar nas grandes áreas de distribución, nas cafeterías e nos máis modestos bares e tabernas do país. Os consumidores non poñen reparo ao consumo de produtos por mor das linguas utilizadas nas etiquetas.O que lles importa é a calidade e o prestixio acadado polas marcas comerciais.E que dicir do consumo de medicamentos, cando os seus envases están grafados nunha lingua científica que só os moi entendido saben descifrar.?

Chama a atención que un sector do empresariado galego recorra a argalladas seudocientíficas para non utilizar a lingua galega na publicidade, e, sen embargo, e anuncien as rebaixas chamándoas Black Friday, inzando a súa linguaxe comercial con anglicismos tales como "youtuber", "low cost", "offshore","online","teik-away", "brokers", "casting", "stock","sponsor", "personal shoper"…

Véndense zapatillas para facer "running", e anúncianse venda de automóbiles por "leasing" ou "renting". Non se equivoquen se a cada X anuncia unha sección "Home", aparentemente podería facer alusión ao xénero; refírese a Tenda de utensilios para a casa!. Todo anunciado en "spots" . E hainos que xa substituíron o si polo "okey". Mesmo cronistas deportivos decidiron chamarlle "mister" aos adestradores. E nestas estamos.

Ven a conto esta ristra de anglicismos para demostrar a contraditoria tolerancia daqueles que usándoos consideran que a lingua galega limita as mensaxes publicitarias. Afortundamente as empresas gañadoras desta XVII edición dos Premios de Publicidade en Galego non son do mesmo parecer. Os produtos que se publicitan no noso idioma gozan da simpatía dos consumidores.

O Grupo Cuevas utiliza a lingua galega na rotulación dos seus supermercados e na publicidade das súas ofertas. A Adega Martín Códax, ao igual que as parfumerías francesas anuncia os seus viños en lingua galega nos medios de comunicación para consumidores non galegos. Aqualia, unha multinacional que xestiona servizos públicos de moitos concellos galegos, relaciónase na nosa lingua con máis de 150.000 usuarios sen ningún tipo de problemas, como recoñecen os seus directivos. O "Almanaque Agrícola ZZ" é unha publiciación de 80/85 páxinas para orientar aos labregos no uso de fármacos destinados a cultivos agrícolas. Naceu da man da empresa bioquímica "Zeltia". en 1952. Esta empresa foi cambiando co paso do tempo de propietarios; hoxe é dunha multinacional chinesa que utiliza os criterios da Responsabilidade Social Corporativa, filosofía que aconsella o respeto pola cultura e lingua do territorio na que radican.

As mensaxes publicitarias para que sexan eficaces deben reunir moitas condicións. Unha delas é conseguir chamar a atención dos destinatarios. Don Vicente Risco, teórico do nacionalismo galego, home viaxado no seu tempo e aberto a todas as correntes culturais europeas, manifestaba que hai que ser diferentes para ser existentes. Un principio que deberan ter en conta os que se dedican a elaborar mensaxes publicitarias.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador)
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES