Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Moby Dick / Principio e fin

martes, 30 de marzo de 2021
Moby Dick

Vou na busca de Moby Dick, aquel recordo, aquel medo que me marcou desde os tempos nos que o amor era poesía. Vou na busca de Moby Dick e non son o capitán Ahab. Cruzo carballeiras e ríos e mares e semella que o leviatán se me escapa máis e máis. Sento baixo a sombra dun castiñeiro e penso naquel Moby Dick da infancia, de Pingas de Orballo: Moby Dick / Principio e fincando a noite se pechaba sobre a estación do ferrocarril de Baños de Molgas e onde fixen tempo, subido no alto do burro, para simular que si me achegara ó muíño do Dositeo. Como un rapaz podía atravesar esas carballeiras ás dez e pico da noite! Igual na metade do camiño estaba Moby Dick coa boca aberta.
Agora que xa non son un rapaz quero atopar a ese diaño que me amargou media existencia, enfrontarme a el e dicirlle que non lle teño medo. Atraveso lagoas cheas de sambesugas e berro por Moby Dick desde o alto dos outeiros. Corro polo val do Medo e subo ó cabalo de ferro para cruzar o túnel da Fervenza. Non son o capitán Ahab, pero quero darlle caza igual a ese recordo, a ese medo para que o corazón non me siga premendo o peito. Medo a aquela claraboia ou lumieira da habitación pola que case todas as noites facía intentos de penetrar ese Moby Dick maldito.
Pero hoxe... hoxe xa non che teño medo, Moby Dick. E por iso te busco polos recantos da memoria, incluso polos recunchos da conciencia, enfrontarme a ti e poder mandarte ó nicho do esquecemento ou á sepultura da lembranza. Coa experiencia xa non che teño medo, Moby Dick.

Principio e fin

Todo ten o seu principio. Todo ten o seu fin. Se empezas a escribir unha liña, tes que rematar cun punto. Se inicias un sorriso, tes que acabar cun saúdo. Se berras, acabarás en silencio. Se corres moito, rematarás sentado para que se apousenten os Pingas de Orballo: Moby Dick / Principio e finfolgos. Se lle colles a man a ela, acabarala soltando. Principio e fin.
Principio dun disparo que sae, fin dunha bala que mata. Principio dunha rula que canta, fin dun amor que aniña. Principio dunha subida ó monte Calvario, fin nunha crucifixión eterna. Principio e fin do que todo se move, do que todo se sente, do que todo se ve. Principio dunha música que soa, fin dun tema que remata.
Todo ten o seu principio na frase que inicias, nas palabras que soltas e que ás veces non sabes cando van rematar; pero rematarán. Todo ten a súa fin cando xa non sabes que dicir. Os soños teñen o seu principio, que finalizan cando espertas ou cando non queres soñar máis. Lembrade que se pode soñar espertos.
Principio dun libro que se abre, fin dunha aventura ou epopea ou drama ou comedia que remata. Principio dunhas imaxes nunha pantalla grande e branca, fin dunha evasión desexada. Principio dun paseo polas corredoiras dos soños e fin dunhas andanzas nas airas da felicidade. Principio e fin nos tempos de antes, de agora e de sempre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES