Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auditorio Fuxan os ventos

miércoles, 31 de marzo de 2021
Ben está o que ben acaba e despois dunha ardua polémica que inclúe un proxecto felizmente abortado no cuartel de San Fernando, Lugo ten un auditorio por estrear, que se vén a sumar a outras infraestruturas culturais que equipan a cidade para acoller actos de distinta envergadura. De certo xeito, podemos dicir como lugueses que saímos reforzados da polémica e que a cidade está hoxe un pouco máis aberta a recibir espectáculos de distinta índole.

Se isto fora pouco, elíxese para o novo auditorio o nome de Fuxan os ventos, grupo que nace capitaneado por Xesús Mato nos anos 70 e que ten moito que ver, tamén, co desenvolvemento das persoas con diversidade funcional ao redor da Asociación Auxilia.

Fuxan os ventos foi pioneiro en case todo e pagárono duramente coa ameazas de morte por parte de grupos de extrema dereita como os guerrilleiros de Cristo Rey. Podemos dicir, logo, que Lugo decidiu bautizar o seu auditorio cun nome libertario que garda nel todo o que a cultura precisa para ser vivida en plenitude.

Fuxan os ventos ensinounos case todo e na súa música, fomos accedendo aos nosos poetas de cabeceira. Ogallá este nome sexa premonitorio e proxecte a Lugo sempre cara a liberdade, unha liberdade que só a cultura fai plena rachando as costuras do pensamento para cuestionalo todo e deconstruílo sempre camiño dun mundo inclusivo.

Fuxan os ventos xunto con Auxilia, rachou moitas cárceres que mantiñan recluída a xente con diversidade funcional, fixeron os primeiros campamentos (naquela altura chamábanse colonias) e promoveron a recolla de cantigas que hoxe temos para desfrutar. Un traballo que por certo, seguiu con fidelidade A quenlla e Mini e Mero.

En todo caso, o auditorio leva un nome noso, de Lugo, un nome que identifica a varias xeracións e é unha referencia propia, auténtica e, sen dúbida, xusta e singular. Estou desexando ver música, teatro e outras actividades no Auditorio Fuxan os Ventos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES