Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Invasión / Na lista negra

viernes, 26 de marzo de 2021
Invasión

Invado o poema cuns versos que non din nada, ou polo menos que nin eu mesmo entendo. Invado as noites de silencio co ruído dunhas teclas para que algo, un non sei que, quede para a posterioridade. Tamén quero invadir conciencias cos meus pensamentos, pero, claro, aquel que non ten conciencia, que lle importa o que eu pense. Non obstante, aí queda: unha frase, unha simple palabra, unha idea, un algo, un latexo Pingas de Orballo: Invasión / Na lista negrapor, unha ollada para... Intento invadir os recordos daquelas tardes nas que non paraba de troulear polas airas de Baños de Molgas ou nas que simplemente sentaba nun mazadoiro e quedaba a velas vir.
Hai invasións que destrúen a esencia dun pobo e aniquilan a natureza de cada un. Hai invasións que rebentan e estouran, que nadan e flotan. Hai invasións locais e estranxeiras. Hai invasións musicais e deportivas, cómicas e dramáticas.
Eu invado e déixome invadir. Invado follas en branco con ríos de tinta azul e déixome invadir por pingas de orballo que caeron duns sentimentos que sempre están á flor de pel. Invado a noite pecha con berros de algarabía e déixome invadir polos versos de Rosalía. Invado os soños que compartín na época na que fun máis feliz e déixome invadir pola memoria infantil, aquela na que mellor souben vivir. Porque vivir non é fácil. Invado aquelas mañás nas que pensaba que o día sería moi longo, pero déixome invadir por unha realidade na que o tempo pasa e todo cambia. Invadín este pingas con orballos de palabras.

Na lista negra

Teño unha lista negra que sempre levo comigo. Non fai falta que sexa en papel nin nas notas do móbil; chégame con levala na cabeza. E iso que é longa coma os días de maio. Creo que é tan longa que, por veces, ata penso que non terá fin. Por exemplo, politicamente falando, case case case todos están nela. Como nesa lista negra están os Pingas de Orballo: Invasión / Na lista negrademos que levo dentro. Que, tamén por veces, son moitos. E grandes, e terribles, e negros, e escuros. Na miña lista negra está aquel que me mira de esguello ou que me deixa ver un sorriso ladeado. Que tamén hai uns cantos; aínda que, á hora da verdade, non lles fago nin puto caso.
Están na lista negra aqueles que non saben soñar espertos. Con todo o bonito que é soñar. Aqueles que lles dan as costas á lúa vella. Con todo o resplandor que deixa. Aqueles que non saben asubiar andando ou correndo por entre a néboa. Con todo o romanticismo que iso implica.
Cinematograficamente falando, está na lista negra desde hai moitos anos o actor (o de actor é un dicir) Steven Seagal. Nunca tal me pasou con ninguén dese mundo cinéfilo. Hai actores ós que non trago (Nicolas Cage, por exemplo), pero aínda así, de cando en vez, vexo algunha película deles. Mais a Steven Seagal, con tan só ver o seu nome, arresto inmediatamente a súa película. Sinceramente, case podo dicir que este encabeza a miña lista negra.
Na lista negra están recordos, momentos, desilusións, detalles, encontros, opinións..., pero nunca perdo a esperanza.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES