Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Un pingas nervioso / Ela nunca se nega

jueves, 25 de marzo de 2021
Un pingas nervioso

Oito e media da noite. A piques de rematar o día de san Xosé e o día do pai. A min isto do día do pai ponme moi nervioso. Coma o día da nai e coma o día dos namorados. Eu, desde hai moito tempo, prefiro nomealos coma os días do Corte Inglés. Antigamente, isto non existía. Ademais, pais e nais somos todos os días. Igual que o día da muller, que acaba de pasar. Os outros días que? É que agora temos días de todo. Pingas de Orballo: Un pingas nervioso / Ela nunca se negaÉ máis, xa non hai un día no ano no que non sexa algo: o día do medio ambiente, o día do can, o día da vaca, o día do libro (para min, todos os días son o día do libro), o día do sabugueiro, o día das lagoas, o día da auga, e así ata 365 ou 366 días. Seguro que tamén hai o día da paciencia; que é o que hai que ter hoxe en día.
Así é que, no día de San Xosé, anuncio de novo que son as nove menos vinte da noite e que vou a escoitar un tema musical da película "Os 4 fantásticos". Ó mesmo tempo tamén imaxino que a lúa brilla fóra. Imaxino porque estou dentro da casa e non a vexo. Pero seguro que hai lúa. Digo aínda máis: é lúa nova. Por pouco tempo, certo, xa que pasado mañá pasaremos á súa fase crecente. Moitas cousas nesta vida crecen. Outras minguan, tamén é verdade. O meu desexo crece. O meu espírito crece. As miñas accións poida que mingüen. A ver, a idade... A idade xa sabemos que é experiencia, pero tamén unha liña recta cara á fin dos tempos, do noso tempo.
Agora si, agora no día de san Xosé, e ás nove menos cuarto da noite, é o gran mestre don Ennio Morricone o que lle pon punto final a este pingas nervioso.

Ela nunca se nega

O mozo está sentado nunha escaleira de pedra e contemplando o universo, o seu universo. Por enriba del está o ceo con nubes brancas nas que debuxa algo así como un alento rachado pola metade. Pecha os ollos un instante e aínda sen abrilos xa nota a presenza dela: polo seu aroma ou recendo, polo seu halo ou aura. Ela, a moza, senta á súa beira e mírao ós ollos. El non aguanta a mirada e algo así como unha quentura, Pingas de Orballo: Un pingas nervioso / Ela nunca se negacomo unha pequena febre ponlle a cara colorada. Ela simula un sorriso de cariño e achegamento.
Pouco a pouco, palabra vai e palabra vén, miradas que se achegan e que foxen inician algo semellante a unha conversación sen sentido pero chea de ambición e desexo. El cospe palabras que en conxunto non se entenden e que por separadas quedan aí, colgadas nese espazo que circunda ás escaleiras. Ela, xa pola maioría das veces cun sorriso aberto, moi aberto dille a todo que si ou afirma coa cabeza. El, ós cachos, deixa escapar unha risa incerta, ficticia para disimular un pouco a felicidade que lle cabalga polas veas.
Cando a tarde camiña dereita cara ó luscofusco el segue dicindo e prometendo e afirmando e pedindo coas meniñas dos ollos cheas de emoción, mentres ela afirma, asegura, concede e non lle nega nada. Ela sabe que a felicidade está alí, naquelas pulilas que, ás veces, a esfuracan ou atravesan e outras foxen cheas de rubor e dunha fermosa melancolía ou de tenra vergoña. Ó pouco, erguen collidos da man e baixan pola rúa coma dúas almas nadando na ledicia dun sono. O seu sono.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES