Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartas a unha lectora (VI)

martes, 23 de marzo de 2021
O último texto, correspondente ao ano 2020, foi escrito por Manuel Gago. Nel di "Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos (…) atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Cada libro que lemos queda gardado no noso peito (…) E, sempre, ás veces moitos anos despois, remata por saír".

Teño un amigo que sempre fala dun escritor que, segundo el, se poñía as súas mellores galas cando se sentaba a ler, porque nese momento sucedía o encontro cos clásicos, coas persoas máis intelixentes da historia da humanidade. El fai o mesmo, apenas sae porque prefire estar con eles e con elas, conversar con ese grupo selecto a través dos seus libros.
Un encontro que supera espazo e tempo grazas á linguaxe e ao libro. Un obxecto máxico que fala con cada lector e lectora, de maneira persoal, dirixíndose á súa experiencia vital e sabendo que é distinta en cada caso. Sempre a falarnos e a agardar a nosa resposta, antes ou despois, no momento ou unha vez que repouse. Porque o libro medra dentro de nós, expándese, colle significados nos que o autor non tiña pensado e cando falamos del, cando o citamos, cando escribimos algo relacionado con el, estamos a devolverlle o que tomamos.

Os máis novos andan a crear a continuación das historias que lles gustan, en internet, nun formato que recibe o nome de fanfiction, ou ficcións de fans, normalmente de fans e para fans a partir dun libro, formando unha comunidade ou fandom (reino fan). Todo o que pode dar de si un libro, dende un club de lectura ata unha comunidade que o continúa, porque non quere que ese mundo quede pechado para sempre nun libro. Canto tempo quedamos recluídos na comarca de O Señor dos Aneis? Ata onde forman parte do noso imaxinario: José Arcadio Buendía, Úrsula Iguarán, Amaranta, Remedios la Bella, Aureliano ou Fernando del Carpio?

Marilar Aleixandre é autora do texto que se distribuíu no marcapáxinas correspondente ao Día do Libro do ano 2019. Para ela, a lectura lévanos ao fondo das preguntas, o contradicir o "así foi e así será". Ela, a lectura, é rabuda, descrida e impertinente, apréndenos a desaprender, a mirar con outra lente, a gozar co máis difícil e a entrar no descoñecido.
En verso, así presentou o seu texto que fai fincapé nesa faceta de rachar a rutina para cambiar o paso, de ir máis alá do convencional, adoptando a mirada crítica que nos obriga a entrar en territorios ignotos. Porque a lectura fainos dubidar de que exista unha única verdade, obríganos a buscar outros significados, a collerlle gusto á complexidade, a gozar co máis esixente e máis lonxe, a construírnos como cidadáns activos co compromiso de mellorar o presente e legar algo mellor do recibido. A lectura é para rebeldes dispostos a coller o touro polos cornos para falar de fronte e avanzar.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES